Arquivo de Xaneiro do 2009

Noraboa Antón

Publicado por nigran o 24 de Xaneiro do 2009

Este Golfiño, empezou esta semana a comer sólido, a verdade é que o fai moi ben, aínda que as veces se cansa de tanto mastigar.  Ánimo.

Parabéns Miguel

Publicado por nigran o 23 de Xaneiro do 2009
Miguel é un dos máis vellos da galescola e estivo de aniversario. Os seus compañeiros de Caracolas fixeron unha postal para agasallalo. Celebrámolo con zume e galletas e despois fixemos unha festa, na que cantamos e bailamos.

Os nenos de Caracolas e Estreliñas de Mar proban o pexego e a piña en almibar

Publicado por nigran o 23 de Xaneiro do 2009

Estes nen@s están moi atentos ás explicacións, observan como se abren as latas, proban e saborean estas froitas.


                                

Obradoiro de pasta.

Publicado por nigran o 22 de Xaneiro do 2009

Onte foi o día do obradoiro da pasta. Amosamos distintos tipos de pasta antes de ser cociñada, observando as diversas formas, cores, tamaños…

Non faltou a música; esta vez cantamos e bailamos a canción do Tallarín,” que se move por aquí, que se move por alá…”

Ataviámonos cos nosos gorros e mandís. Os nenos e nenas manipularon os spaguettis xa elaborados, e non faltou  quen aproveitou para pegarse un bo almorzo!

Facemos unha sandía.

Publicado por nigran o 21 de Xaneiro do 2009

De seguido podemos ver como os Cabaliños de Mar pintan e decoran unha rodela de sandía.

Que rica a froita!

Publicado por nigran o 21 de Xaneiro do 2009

Os nenos e nenas da clase dos Golfiños e os Cabaliños xuntáronse unha vez máis para facer unha riquísima macedonia.

Primeiro manipularon as froitas, observando as cores, os olores e as distintas texturas.

As profes esplugáronas e, coa axuda dos nenos, foron picando cada peza.

Algún non puido resistir a  cobiza e tivo que  probar a froita antes de tempo!

Xogamos có café

Publicado por nigran o 19 de Xaneiro do 2009

Os nenos de Caracolas e Estreliñas de Mar manipularon os grans de café, vendo a súa cor, a forma, o seu cheiro característico…. Observaron como se moía cun  pequeno muíño,  volveron cheiralo e despois fixeron un collage.

1º Aniversario!

Publicado por nigran o 19 de Xaneiro do 2009

Manuel xa ten un ano!

O pasado Venres foi a súa festa de aniversario, onde o celebrou con todos os seus compañeiros e as profes da clase dos Augamares .

Benvidos!

Publicado por nigran o 19 de Xaneiro do 2009

Agora temos un grupo de nenos e nenas que veñen só pola tarde. Estas crianzas tamén fan xelatina, pan, psicomotricidade…e o pasan moi ben!

Adeus ó cueiro!

Publicado por nigran o 18 de Xaneiro do 2009

Miriam, de Estreliñas, é unha nena moi maior que xa non usa cueiro e vai soíña, e moi contenta, ao baño. Parabéns