Arquivo de Febreiro do 2009
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009
Hoxe celebramos o enterro da sardiña. R.I.P.
De loito pouco rigoroso e cheos de flores, enterramos á sardiña e ao inverno, e preparámonos para recibir á primavera.

Choramos un chisco, pero de mentira.

Dirixímonos ao noso areeiro, en procesión ruidosa, a enterrar a nosa sardiña.


Etiquetas: entroido, sardiña
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009
A palabra escollida pola parella educativa de Golfiños (tocáballe escoller a elas esta semana) é: PINTASILGO.
A xogar!! que xa nos proe a curiosidade por coñecer o seu significado e poder empregala.

Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009
Hoxe visitounos Merchi, que nos preparou un batido tropical.
Como é entroido vestímonos ao xeito das illas do sur. Estabamos ben guap@s
Axudámoslle a bater o iogurt co zume e a adornar os vasos.
Probamos o coco e pasámoslle a man por riba. Parecía que tiña pelo, anque era máis duro que o do can ou o do gato.
E primeiro probamos un pouquiño, pero logo bebemos e repetimos. Que bo estaba!!
Manipulamos o coco e probámolo.

Preparamos o batido con axuda.

Mirade que boa presentación, todo grazas a Merchi.


Servimos o batido e… a bebelo todiño!!



Etiquetas: entroido, postre, tarde
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009
O venres 20 foi a nosa festa do entroido. Ollade que guapiños iamos todos.
Os augamares:

Golfiños e Cabaliños de piratas:


Estreliñas e Caracolas de mergulladores:


As familias participaron activamente cantando, bailando, levando aos nenos de pasarrúas…


E nós agasallámoslles cunha das nosas actuacións, amais de animar o pasarrúas a golpe de pandeiretas.

Murga de Nigrán
O entrares en Nigrán
O primeiro que se ve
E a galescola aberta
E os nenos pasandoo ben.
Lailala lalalalalaila…
Os nenos de augamares
Eses si se portan ben
Non como os das outras aulas
que sempré andan a cen.
Lailalá lalalalalaila…
Os nenos da galescola
Cando perden a chupeta
Poñense a berrar de tolos
E a profe perde a chabeta
…
Os Golfiños de Nigrán
Cando van ao comedor
Nunca se sentan nas tronas
Sempre andan ao redor.
…
Os Cabáliños de Mar
Cando van durmir a sesta
Non agochan a cabeza
e fan unha boa festa
….
E as nosas Estreliñas
Aínda que son revoltosas
Damolles bicos e apertas
porque son marabillosas.
…
Os maiores da escola
sonche os de Caracolas
chéganlle aos picaportes
E abren as portas todas
…
Na escola pola tarde
hai un grupo singular
cantan, merendan e pintan
e non paran de xogar
…
Etiquetas: entroido, festas
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2009
Aos nen@s da unidade da tarde gústalles moito disfrazarse.
Levamos roupa que tiñamos pola casa e mirade que ben o pasaron.
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2009
Onte os nenos de 1-2 disfrazáronse de Hippies!
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 23 de Febreiro do 2009
A palabra escollida pola nai de Alba para a semana pasada foi MARRUCHO, un sinónimo de filloa que se emprega no Val Miñor, xa está no vocabulario de todos nós. Gracias por regalárnola.

Etiquetas: Xogando co léxico
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 20 de Febreiro do 2009
As Estreliñas e as Caracolas celebraron un día de indios.
Pintaron as plumas, a cara e… a danzar e cantar.



Etiquetas: entroido, indios
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Febreiro do 2009
Marcos, da aula das Caracolas, celebrou connosco o seu terceiro aniversario. Os seus compañeiros fixéronlle unha postal e felicitárono.
Comemos galletas e bebemos zume. Pasámolo moi ben.
Parabéns Marcos.
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Febreiro do 2009
Airon estase facendo maior, pois xa deixou o cuiero a un lado. Moi ben Airon!!

Etiquetas: cueiro
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »