Arquivo do 16 de Febreiro do 2009

Chícharo

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Unha das actividades que realizamos os nen@s de Caracolas foi con chícharos.

Desgranámolos, manipulámolos, puxemos gomets e pegamos os chícharos nun mural.

Caracol, col, col…

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Seguindo co tema da granxa, e concretamente  coa horta, os nenos de Estreliñas elaboraron con barro un caracol, cantaron, e logo pintárono.

Xogando co léxico.

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

A caixa das palabras sorprendeunos gratamente con xogadores alleos ao equipo educativo. As familias comezaron a participar activamente. Grazas a todos.


Randeeiras.f. 1. Aparello para bambearse por divertimento, formado por dúas cordas ou cadeas penduradas, cun asento a certa altura do chan. Pasan a tarde xogando nas randeeiras. SIN. bambán. 2. Cadeira feita normalmente de madeiras lixeiras, con brazos e respaldo, que se apoia no chan en dúas barras en forma de arco, polo que pode ser arrandeada. Sentouse a ler na randeeira. u SIN. arrandeadoiro.

Vai e ven
Ven e vai

A randeeira da vida
en movemento está.

Subes ledo,
voltarás a baixar.

Festa do entroido.

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Ven festexar connosco o entroido o venres día 20 de febreiro ás 10:30!

As nosas plantas

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Nestes días todos o nenos e nenas estiveron a plantar sementes en cadanseu  tarro. Tamén as regaron e foron observando como medraban día a día.

Nalgún caso as familias participaron na decoración das macetas, e temos que dicir que nos sorprenderon cos seus deseños tan ben feitiños. Grazas pola vosa colaboración.