Arquivo do 25 de Febreiro do 2009

Enterro da sardiña

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

Hoxe celebramos o enterro da sardiña. R.I.P.

De loito pouco rigoroso e cheos de flores, enterramos á sardiña e ao inverno, e preparámonos para recibir á primavera.

Choramos un chisco, pero de mentira.

Dirixímonos ao noso areeiro, en procesión ruidosa, a enterrar a nosa sardiña.

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

A palabra escollida pola parella educativa de Golfiños (tocáballe escoller a elas esta semana) é: PINTASILGO.

A xogar!! que xa nos proe a curiosidade por coñecer o seu significado e poder empregala.

Merchi e os cocos

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

Hoxe visitounos Merchi, que nos preparou un batido tropical.

Como é entroido vestímonos ao xeito das illas do sur. Estabamos ben guap@s

Axudámoslle a bater o iogurt co zume e a adornar os vasos.

Probamos o coco e pasámoslle a man por riba. Parecía que tiña pelo, anque era máis duro que o do can ou o do gato.

E primeiro probamos un pouquiño, pero logo bebemos e repetimos. Que bo estaba!!

Manipulamos o coco e probámolo.

Preparamos o batido con axuda.

Mirade que boa presentación, todo grazas a Merchi.

Servimos o batido e… a bebelo todiño!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Gran festa de Entroido!

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

O venres 20 foi a nosa festa do entroido. Ollade que guapiños iamos todos.

Os augamares:

Golfiños e Cabaliños de piratas:

Estreliñas e Caracolas de mergulladores:


As familias participaron activamente cantando, bailando, levando aos nenos de pasarrúas…

E  nós  agasallámoslles cunha das nosas actuacións, amais de animar o pasarrúas a golpe de pandeiretas.


Murga de Nigrán

O entrares en Nigrán

O primeiro que se ve

E a galescola aberta

E os nenos pasandoo ben.

Lailala lalalalalaila…

Os nenos de augamares

Eses si se portan ben

Non como os das outras aulas

que sempré andan a cen.

Lailalá lalalalalaila…

Os nenos da galescola

Cando perden a chupeta

Poñense a berrar de tolos

E a profe perde a chabeta

Os Golfiños de Nigrán

Cando van ao comedor

Nunca se sentan nas tronas

Sempre andan ao redor.

Os Cabáliños de Mar

Cando van durmir a sesta

Non agochan a cabeza

e fan unha boa festa

….

E as nosas Estreliñas

Aínda que son revoltosas

Damolles bicos e apertas

porque son marabillosas.

Os maiores da escola

sonche os de Caracolas

chéganlle aos picaportes

E abren as portas todas

Na escola pola tarde

hai un grupo singular

cantan, merendan e pintan

e non paran de xogar