Arquivo de Febreiro do 2009

Maquillaxe de entroido.

Publicado por nigran o 19 de Febreiro do 2009

Que divertido foi maquillarnos. Estabamos guapísimos.Mirámonos no espello e gustounos tanto o que viamos que ata bicamos o espello.

Aínda que  algún enfadouse cando o estabamos a pintar!

Ourellas de entroido

Publicado por nigran o 19 de Febreiro do 2009

Seguimos a  celebrar esta semana a parte gastronómica do entroido. Hoxe visitáronnos a madriña de Tomás e Nicolás e a nai de Marcos Vila.


Estiveron facendo ourellas e tamén nos emprestaron un pouquiño de masa para  poder facermos algunha ourella. Como nós tamén temos rolos, estiramos a masa moi ben estiradiña.

Tamén estivemos a cheirar os ingredientes que se empregaron. Como arrecendía o limón!! Cheiraba tan ben que o Hugo xa quería meterlle o dente!!

As ourellas estaban boísimas!!!!

Como hai tantas receitas de ourellas como cociñeir@s, pois aí vai a que fixeron Rita e Meri (como as parellas educativas, que  é ben sabido que as ourellas hai que facelas entre dúas).

Ingradientes:

1/2 l de leite

ovo pasteurizado  (o equivalente a 2 ovos)

500 g de fariña

75 g de manteiga

raiadura de limón

1chisquiño de sal

aceite para fritilas.

Marruchos de entroido

Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2009

A avoa de Marcos González, da aula das Caracolas, viunos a facer as filloas á galescola.Moitas grazas!

As avoas son as que mellor saben facer estes doces tan ricos.

Aquí, en Nigrán, ás filoas chamámoslle marruchos.

Sexan filloas, fillós ou marruchos, que bos están!!

A galiña Paca

Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2009

O pasado venres, para despedir os traballos da granxa fixemos unha sesión de contacontos.

O conto da galiña Paca encantounos! Aí vos vai:

Había unha vez, unha galiña chamada Paca que atopou un gran de millo.

- Quen sementará este millo? - preguntou Paca.

- Eu non - dixo o gato.

- Eu non - dixo o can.

- Eu non - dixo a vaca.

- Eu tampouco - dixo o porco.

- Pois entón fareino eu. Co,co,cooo!

Moi pronto o millo comezou a medrar asomando por riba da terra. Sobre el brillou o sol e caeu a choiva, e o millo seguíu medrando ata que estivo moi alto e maduro.

- Quen cortará este millo? - preguntou a galiña Paca.

- Eu non - dixo o gato.

- Eu non - dixo o can.

- Eu non - dixo a vaca.

- Eu tampouco - dixo o porco.

- Pois entón fareino eu. Co,co,cooo!

- E…agora, quen trillará este millo? - preguntou Paca.

- Eu non - dixo o gato.

- Eu non - dixo o can.

- Eu non - dixo a vaca.

- Eu tampouco - dixo o porco.

- Pois entón fareino eu. Co,co,cooo! - dixo Paca, e ela trillou o millo.

- Quen levará este millo ó muiño para que o convirtan en fariña? - preguntou Paca.

- Eu non - dixo o gato.

- Eu non - dixo o can.

- Eu non - dixo a vaca.

- Eu tampouco - dixo o porco.

- Pois entón fareino eu. Co,co,cooo! - e a galiña Paca levou o trigo ó muiño e voltou cunha bolsa de fariña.

- Quen amasará a fariña? - preguntou Paca.

- Eu non - dixo o gato.

- Eu non - dixo o can.

- Eu non - dixo a vaca.

- Eu tampouco - dixo o porco.

- Pois entón fareino eu. Co,co,cooo! - e Paca amasou e amasou para facer un rico pan.

- Quen comerá este rico pan? - preguntou Paca.

- Eu! - dixo o gato.

- Eu! - dixo o can.

- Eu! - dixo a vaca.

- Eu tamén!- dixo o porco.

- Pois non! Co,co,cooo!. Comereino eu e repartireino con todos estes nenos e nenas!!!!!!!

Decoramos a escola.

Publicado por nigran o 17 de Febreiro do 2009

Nestes días de entroido, empezamos a decorar a nosa escola con cadenetas, globos, caretas

Botade unha ollada!

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 17 de Febreiro do 2009

A palabra desta semana foi proposta pola nai de Alba, de Caracolas, sabedes o que significa MARRUCHO?

C

Comunidade, a caixa das palabras está esperando pola vosa resposta!!

Chícharo

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Unha das actividades que realizamos os nen@s de Caracolas foi con chícharos.

Desgranámolos, manipulámolos, puxemos gomets e pegamos os chícharos nun mural.

Caracol, col, col…

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Seguindo co tema da granxa, e concretamente  coa horta, os nenos de Estreliñas elaboraron con barro un caracol, cantaron, e logo pintárono.

Xogando co léxico.

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

A caixa das palabras sorprendeunos gratamente con xogadores alleos ao equipo educativo. As familias comezaron a participar activamente. Grazas a todos.


Randeeiras.f. 1. Aparello para bambearse por divertimento, formado por dúas cordas ou cadeas penduradas, cun asento a certa altura do chan. Pasan a tarde xogando nas randeeiras. SIN. bambán. 2. Cadeira feita normalmente de madeiras lixeiras, con brazos e respaldo, que se apoia no chan en dúas barras en forma de arco, polo que pode ser arrandeada. Sentouse a ler na randeeira. u SIN. arrandeadoiro.

Vai e ven
Ven e vai

A randeeira da vida
en movemento está.

Subes ledo,
voltarás a baixar.

Festa do entroido.

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2009

Ven festexar connosco o entroido o venres día 20 de febreiro ás 10:30!