Arquivo do 5 de Marzo do 2009

As Caracolas e as Estreliñas “Son xornalistas”

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Estes días estivemos a traballar con xornais. Mirade cantas cousas fixeron estes nen@s e que ben o pasaron.

Manipulamos e miramos como son os xornais.

As Estreliñas pintan os xornais con ceras e témperas para facer un mural para a clase.

Ohh!! ¿Que lle pasa ao papel de xornal cando se mete na auga? As Estreliñas sábeno.

Vimos unha máquina de escribir e o divertido que é escribir con ela.

As Caracolas fixeron un xornal para a clase e outro persoal para cada un deles.

O noso mural.

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Os nenos e nenas de Cabaliños de mar tamén estivemos experimentando coas follas do xornal. Fixemos un mural marabilloso e, va que non sabedes o que máis nos gusta do mural? Vóuvolo dicir: o que máis nos gusta do mural é pasarlle a man por enriba e atopar unha puntiña que estea solta. Cando atopamos por onde tirar xa temos traballo que facer.

As follas do xornal.

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Nestes días as nosas aulas enchéronse de follas de xornais, que empregamos de distintas maneiras.

Que ben o pasaron os Golfiños!