O mércores 11 de Marzo recibimos a visita de Rosana, a tía de Alba, unha tía moi especial.
Rosana sabe contar uns contos que nos deixan coa boca aberta!!
Todos eses contos de Rosana están nos libros e tróuxonos varios que tiñan unhas ilustracións marabillosas.
Rosana tamén nos ensinou a cantar unhas cantigas moi bonitas.
Tanto nos gustou que a despedimos con aplausos e bicos.
Esta entrada foi publicada
o Venres, 13 Marzo do 2009 ás 19:51 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
Moitas grazas a vos. Gocei moito da visita e marchei chea de preciosos ollos que comían todo o que vían e tan cargada de bicos e sorrisos que cando cheguei a casa engordara dous quilos. Grazas.
Moitas grazas Rosana, pola visita, polo teu entusiasmo, polos teus contos, polas cancións, por facernos rir, por facernos bailar…
Volve prontiño que xa estamos con ganas de máis.
13 de Marzo de 2009 ás 22:52
Grazas Rosana por ensinarnos esa forma tan bonita de contar contos.vales moito!!
14 de Marzo de 2009 ás 12:03
Moitas grazas a vos. Gocei moito da visita e marchei chea de preciosos ollos que comían todo o que vían e tan cargada de bicos e sorrisos que cando cheguei a casa engordara dous quilos. Grazas.
14 de Marzo de 2009 ás 22:00
pola cara dos nenos, debeu ser unha experiencia fermosa. Gracias Rosana.
15 de Marzo de 2009 ás 00:30
Moitísimas grazas pola tua visita. volve pronto!
15 de Marzo de 2009 ás 11:05
Moitas grazas por visitarnos! volve axiña. Os nen@s e as educadoras pasámolo moi ben. Contas os contos dunha forma moi alegre, amena e participativa.
15 de Marzo de 2009 ás 18:10
Moitas grazas Rosana, pola visita, polo teu entusiasmo, polos teus contos, polas cancións, por facernos rir, por facernos bailar…
Volve prontiño que xa estamos con ganas de máis.