A fada sen cor
Publicado por nigran o 20 de Marzo do 2009
Ola nen@s!!!!!
Son a Fada das cores e estou moi, pero que moi triste porque espertei pola mañá e todas as miñas cores desapareceran e, con iso, o meu arco da vella.
Necesito que me axudedes a encontralas, porque dentro de pouco xa estaremos na primavera. Por iso temos que facer o o que vos vou propoñer. Atentos o que levaremos a cabo a semana que ven:
v 23 marzo: “Día do vermello”
v 24 marzo: “Día do azul”
v 25 marzo: “Día do amarelo”
v 26 marzo: “Día do verde”
Cada día os nen@s e as profes tedes que traer algo posto desa cor (Ex: camiseta, calcetíns, pañoleta, pantalón…).E na clase, coa axuda das vosas profes, tedes que pintar un anaco de arco da vella para pór no salón de usos múltipes. Se o facedes moi ben, todos os días vos mandarei un agasallo “ A caixa máxica do…”
E de agasallo final:
v 27 marzo: “ Festa das cores” dámosllle a benvida á primavera.
Bicos e apertas.
A Fada das cores.


