A fada sen cor


Ola nen@s!!!!!

Son a Fada das cores e estou moi, pero que moi triste porque espertei pola mañá e todas as miñas cores desapareceran e, con iso, o meu arco da vella.

Necesito que me axudedes a encontralas, porque dentro de pouco xa estaremos na primavera. Por iso temos que facer o o que vos vou propoñer. Atentos o que levaremos a cabo a  semana que  ven:

v 23 marzo: “Día do vermello

v 24 marzo: “Día do azul

v 25 marzo: “Día do amarelo

v 26 marzo: “Día do verde

Cada día os nen@s e as profes tedes que traer algo posto desa cor (Ex: camiseta, calcetíns, pañoleta, pantalón…).E na clase, coa axuda das vosas profes, tedes que pintar un anaco de arco da vella para pór no salón de usos múltipes. Se o facedes moi ben, todos os días vos mandarei un agasallo “ A caixa máxica do…”

E de agasallo final:

v 27 marzo: “ Festa das cores” dámosllle a benvida á primavera.

Bicos e apertas.

A Fada das cores.

3 comentarios a “A fada sen cor”

  1. Marián dixo:

    Ale, o luns todos con algo vermello para axudar a nosa Fada das Cores.

  2. Zaida dixo:

    Esta fada precisa a nosa axuda! temos que ser quen de axudala!

  3. Tamara dixo:

    Esta semá nos toca axudar moito a fada para que o venres veña chea de cores e disfrutemos da festa

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe