Arquivo de Marzo do 2009

A fada sen cor

Publicado por nigran o 20 de Marzo do 2009


Ola nen@s!!!!!

Son a Fada das cores e estou moi, pero que moi triste porque espertei pola mañá e todas as miñas cores desapareceran e, con iso, o meu arco da vella.

Necesito que me axudedes a encontralas, porque dentro de pouco xa estaremos na primavera. Por iso temos que facer o o que vos vou propoñer. Atentos o que levaremos a cabo a  semana que  ven:

v 23 marzo: “Día do vermello

v 24 marzo: “Día do azul

v 25 marzo: “Día do amarelo

v 26 marzo: “Día do verde

Cada día os nen@s e as profes tedes que traer algo posto desa cor (Ex: camiseta, calcetíns, pañoleta, pantalón…).E na clase, coa axuda das vosas profes, tedes que pintar un anaco de arco da vella para pór no salón de usos múltipes. Se o facedes moi ben, todos os días vos mandarei un agasallo “ A caixa máxica do…”

E de agasallo final:

v 27 marzo: “ Festa das cores” dámosllle a benvida á primavera.

Bicos e apertas.

A Fada das cores.

Aitor xa non utiliza cueiro

Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2009

Aitor xa é maior: desprendeuse do cueiro.

Parabéns Alba

Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2009

Festexamos o 3º aniversario de Alba con cantigas, confeti, xogos, …

Pasámolo moi ben. Estas Caracolas fanse grandes moi axiña!!

Os nen@s da Unidade da Tarde son artistas!!!

Publicado por nigran o 15 de Marzo do 2009

Que sensación tan diferente pintar cos pés e coas mans e ter case todo o corpo de moitas cores.

Que ben o pasamos e como nos gusta pintar con todo o corpo.

Terémolo que repetir máis a miúdo.

Espazo de lectura

Publicado por nigran o 14 de Marzo do 2009

Espazo Lectura é unha asociación nacida no Val Miñor que ten como obxectivo o fomento e a promoción da lectura e do libro en lingua galega a través de contacontos, encontros con autores e ilustradores, clubs de lectura, actividades de formación especializada en fomento da lectura, accións lectoras, etc

Sitúase na biblioteca de Gondomar e fan as seguintes actividades:

O Contomar ( actividade fundacional da asociación) tódolos luns ás 18:00 na biblioteca de Gondomar.

Clubs de lectura:

Club Sete Vidas, o primeiro martes de cada mes ás 20:00 na biblioteca de Gondomar.

Club Lecturas debuxadas, a linguaxe da lectura en imaxes. O terceiro martes de cada mes ás 20:00 na biblioteca de Gondomar.

Club de lectura compartida Lendo Contigo, dirixido a nenos/as de 8 a 11 anos e ós seus pais e nais. Lévase a cabo na biblioteca municipal de Gondomar o último sábado de cada mes.

Club de formación lectora na que os libros obxecto de debate teñen como tema a lectura, a animación lectora ou calquera outro tema directamente relacionado co libro e o seu ámbito.Ten lugar aproximadamente cada mes e medio.

Máis información en:

 http://espazolectura.blogspot.com/

Que boneca!!!

Publicado por nigran o 14 de Marzo do 2009

Mimadriña!!

O venres día 13 apareceu polas aulas unha boneca cantora !!!

Percorreu todas as aulas e cantounos unhas cantigas preciosas.

Non dabamos creto ao que viamos. Era unha boneca grandísima e, os máis vellos da galescola, xa nos demos de conta do que pasaba: érache a Zaida que se vestiu, peiteou e pintou coma unha boneca.

Xa lle vale querernos enganar. Perdoámosllo porque nolo fixo pasar moi ben.


Martín ten dous anos!!

Publicado por nigran o 14 de Marzo do 2009

Querido Martín:

Dende o blogue da nosa escola querémoste dar os nosos parabéns.  Deixamos as fotos do teu día para que as podas mirar dende a casa sempre que queiras.

Moitos bicos.

Equipo de Nigrán

Parabéns Celeste.

Publicado por nigran o 13 de Marzo do 2009

Os nosos nenos e nenas fanse maiores! Celeste festexou hoxe, xunto cos seus compañeiros, o seu primeiro aniversario.


Parabens!

Unha visita sorprendente!

Publicado por nigran o 13 de Marzo do 2009

O mércores 11 de Marzo recibimos a visita de Rosana, a tía de Alba, unha tía moi especial.


Rosana sabe contar uns contos que nos deixan coa boca aberta!!

Todos eses contos de Rosana están nos libros e tróuxonos varios que tiñan unhas ilustracións marabillosas.

Rosana tamén nos ensinou a cantar unhas cantigas moi bonitas.

Tanto nos gustou que a despedimos con aplausos e bicos.


Os nen@s da Unidade da Tarde con auga e area.

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

Os nen@s da Unidade da Tarde pásano moi ben xogando coa auga e a area.

Os barcos na auga, as palas e os coches na area.