Arquivo de Marzo do 2009

O País dos Xoguetes

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

As Estreliñas viaxaron ao País dos Xoguetes.

Estes nen@s trouxeron da súa casa o seu xoguete favorito.

Ollade como lle explican aos seus compañeiros como son os seus xoguetes, para que serven e como se xoga.

Xogos clásicos.

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

Nestes días na nosa escola temos unha exposición de xogos e xoguetes clásicos.

Quen de nós non  xogaba á goma, saltaba á corda ou facía bailar o trompo?

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

Ximbaleu: Pau longo, que se utilizaba para transportar as caixas do peixe, ao descargalas do barco, até as fábricas de transformación. O pau metíase polos ganchos da caixa e transportábana entre dúas persoas.

Sinónimo: cimbale (empregado na zona de A Guarda)

Esta é unha palabra do vocabulario local. A palabra, a solución ao xogo e o debuxo son aportacións da familia dunha nena de caracolas.

xogando co léxico

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

A palabra coa que nos agasallaron as profas de Cabaliños  de Mar  esta semana é:

Esperemos que xoguedes con nós e que depositedes o resultado na Caixa das Palabras, ou baixo estas liñas a modo de comentario.

O País dos Xoguetes

Publicado por nigran o 10 de Marzo do 2009

Esta semana viaxamos ao País dos Xoguetes.

Os nen@s de Caracolas trouxeron un xoguete da casa para explicarnos como se xogaba con el, como era, quen llo regalara, e no caso dos bonecos, como se chamaban.

Despois compatimos os xoguetes con tod@s @s compañeir@s e pasámolo moi ben.

Ollade cantos xoguetes e canta variedade.

Os xornalistas da Unidade da Tarde

Publicado por nigran o 8 de Marzo do 2009

Que ben o pasaron estes nen@s cos xornais, manipuláronos, racháronnos, fixeron bolas, pintaron un barco e decorárono.

As Caracolas e as Estreliñas “Son xornalistas”

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Estes días estivemos a traballar con xornais. Mirade cantas cousas fixeron estes nen@s e que ben o pasaron.

Manipulamos e miramos como son os xornais.

As Estreliñas pintan os xornais con ceras e témperas para facer un mural para a clase.

Ohh!! ¿Que lle pasa ao papel de xornal cando se mete na auga? As Estreliñas sábeno.

Vimos unha máquina de escribir e o divertido que é escribir con ela.

As Caracolas fixeron un xornal para a clase e outro persoal para cada un deles.

O noso mural.

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Os nenos e nenas de Cabaliños de mar tamén estivemos experimentando coas follas do xornal. Fixemos un mural marabilloso e, va que non sabedes o que máis nos gusta do mural? Vóuvolo dicir: o que máis nos gusta do mural é pasarlle a man por enriba e atopar unha puntiña que estea solta. Cando atopamos por onde tirar xa temos traballo que facer.

As follas do xornal.

Publicado por nigran o 5 de Marzo do 2009

Nestes días as nosas aulas enchéronse de follas de xornais, que empregamos de distintas maneiras.

Que ben o pasaron os Golfiños!

O xornal

Publicado por nigran o 4 de Marzo do 2009

Mirade como o pasan os nenos e nenas de Augamares co xornal.  Como cheiran as follas e que cóxegas fan !! Tamén valen para xogar  ás escondidas, para escoitar o son cando se rachan, para…

X