Arquivo do 1 de Abril do 2009
Publicado por nigran o 1 de Abril do 2009
O pasado venres día 27 de marzo, chegou a fada chea de cor e de alegría.

Púxose moi leda cando veu o Arco da Vella que lle fixeramos.

Fíxonos un truco de maxia… convertíu a auga en líquido de cores!



E deunos un agasallo, como non, cheo de cor… CONFETI!



Todos xuntos cantamos e bailamos festexando a chegada da primavera.

VOLVE PRONTO FADA!
Publicado en Aniversarios | 6 comentarios »
Publicado por nigran o 1 de Abril do 2009
Que contenta vai quedar a Fada das cores!!
O xoves traballamos co verde, para o que viñemos vestidiños desa cor.

Pegamos anaquiños de papeis verdes.

Tamén exploramos a caixa verde, para ver que “cousas máxicas” había nela.


Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 1 de Abril do 2009
Nesta galescola non somos supersticiosos, e o mércores vestimos de amarelo. Foi o día do amarelo

Pegamos, e tamén despegamos que era máis divertido!, gomets de cor amarela no papel.


Que ten esta caixa máxica da cor amarela?
Pois de todiño. Aquí hai cousas para vestir, para probar, para chupar…



Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »