Arquivo do 15 de Abril do 2009
Publicado por nigran o 15 de Abril do 2009
Xogando co léxico
Publicado por nigran o 15 de Abril do 2009
A semana pasada, por problemas técnicos, non puidemos apuntar neste blog a palabra que escolleron as profas de Estreliñas. A palabra era:
Papoula. Aí vai unha pista!!: <Estamos a traballar a primavera >
A papoula (Papaver rhoeas) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas, habitual nos campos cultivados con cereais, tamén se atopa nas beiras das estradas e nas praderías. A súa floración acontece na primavera e no verán, a súa flor é de pétalos vermellos e zume leitoso. Utilizouse tradicionalmente para curar as afeccións do tracto respiratorio como a bronquite ou a tose.


