Arquivo do 27 de Abril do 2009

Trancas e Barrancas

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2009

A que non sabedes quen nos viñeron  visitar?

Pois si, este par de formigas tolas pasaron un día na nosa escola.

Que ben o pasamos!

OBRADOIRO CON FARIÑA

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2009

Estes días atrás estivemos a traballar o propio corpo.

Para experimentar as distintas sensacións que sofre o noso corpo, organizamos un obradoiro de fariña.

A nosa fariña tiña agasallos agochados.


Como estabamos descalzos, notabamos nos pés a fariña dondiña pero, de cando en vez, algo mancaba un pouco e tiñamos que engurruñar as dedas.

Debuxamos coa fariña no chan. As profes chamáronlle grafismos. Hai que ver!!

Trasvasamos, peneiramos, trepamos, lambemos, investigamos….

Os nenos pasámolo tan ben que as profes nos deixaron quedar neste obradoiro máis tempo do programado.


xogando co léxico

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2009

A pasada semana aprendemos o significado de COCHENO:

O que utiliza con preferencia a man esquerda.

Sinónimo: zurdo.

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2009

A palabra escollida polas profes de Caracolas para xogar esta semana é: GARATUXAS

Podedes participar no xogo neste blog, poñendo o significado nos comentarios.

Agardamos