Estes días atrás estivemos a traballar o propio corpo.

Para experimentar as distintas sensacións que sofre o noso corpo, organizamos un obradoiro de fariña.


A nosa fariña tiña agasallos agochados.


Como estabamos descalzos, notabamos nos pés a fariña dondiña pero, de cando en vez, algo mancaba un pouco e tiñamos que engurruñar as dedas.

Debuxamos coa fariña no chan. As profes chamáronlle grafismos. Hai que ver!!

Trasvasamos, peneiramos, trepamos, lambemos, investigamos….

Os nenos pasámolo tan ben que as profes nos deixaron quedar neste obradoiro máis tempo do programado.

Esta entrada foi publicada
o Luns, 27 Abril do 2009 ás 08:26 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
27 de Abril de 2009 ás 21:49
Ese día parecía que estabamos no Entroido de Xinzo de Limia con tanta fariña sobrevoando a galescola… Pero o pasamos moi ben.
28 de Abril de 2009 ás 17:19
Fixádevos nos rostros dos pequenos…..estaban encantados e pasárono en grande!!o único fallo foi non descalzarnos tamén as educadoras pero utra vez será!!jejeje