Arquivo do 28 de Abril do 2009

Carapuchiña Vermella

Publicado por nigran o 28 de Abril do 2009

Na galescola de Nigrán decidimos interpretar o conto da Carapuchiña Vermella. No noso teatro non faltaba detalle; había un escenario formidable, unhas actrices dignas de Óscar e un guión adaptado moi dramático.


NARRADORA:

Había unha vez unha nena chamada Carapuchiña Vermella. Un día, súa nai pedíulle que levase unha cesta de doces á súa avoa que vivía no bosque.

Cando Carapuchiña estaba no bosque, apareceu o lobo.

LOBO (con voz rouca):

-Onde vas rapaciña?

CARAPUCHIÑA (chimpando e cantando):

-A casa da miña avoa

LOBO:

-Pois vai por ese camiño que é máis curto

NARRADOR:

Mentres tanto, o lobo marchou por un atallo á casa da avoa. Chamou á porta e a velliña, cando viu ao lobo, agochouse no armario.

O lobo puxo o pucho e o camisón da avoa e meteuse na cama..

Non tivo que esperar moito, pois Carapuchiña chegou axiña toda contenta.

A nena achegouse á cama e viu que a avoa estaba moi cambiada.

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que ollos máis grandes tes!

LOBO:

-Son para verte mellor -dixo o lobo tratando de imitar a voz da avoa

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que orellas máis grandes tes!

LOBO:

-Son para oirte mellor – seguiu dicindo o lobo.

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que dentes máis grandes tes.

LOBO (botandose enriba da Carapuchiña)

-Son para…comerte mellooooor!

NARRADOR:

Mentres tanto, un cazador oiu os gritos de Carapuchiña e coa súa escopeta disparou ao lobo, que marchou correndo daquel lugar.

En canto a Carapuchiña e a súa avoa , non sufriron máis que un gran susto, e xunto ao cazador, merendaron os doces da cesta.


E como non podía ser doutra maneira convidaron a todos os nenos e nenas do lugar.

Carlos ten 2 anos!

Publicado por nigran o 28 de Abril do 2009

Onte foi o festexo do 2º Aniversario de Carlos.

Aquí o temos compartindo a torta cos seus compañeiros de Cabaliños de Mar.

Ana sen cueiro!

Publicado por nigran o 28 de Abril do 2009

Ana de Cabaliños xa leva moitos días sen cueiro, é a máis pequena da escola que o quitou!

Moitos parabéns!

Como camiñamos!

Publicado por nigran o 28 de Abril do 2009

As “profes”da clase dos Golfiños estamos moi contentas porque xa todos os nosos nenos e nenas  camiñan.

Nestes días soltáronse a camiñar Carlos e Alicia, botade unha ollada:

CARLOS

ALICIA