Carapuchiña Vermella

Na galescola de Nigrán decidimos interpretar o conto da Carapuchiña Vermella. No noso teatro non faltaba detalle; había un escenario formidable, unhas actrices dignas de Óscar e un guión adaptado moi dramático.


NARRADORA:

Había unha vez unha nena chamada Carapuchiña Vermella. Un día, súa nai pedíulle que levase unha cesta de doces á súa avoa que vivía no bosque.

Cando Carapuchiña estaba no bosque, apareceu o lobo.

LOBO (con voz rouca):

-Onde vas rapaciña?

CARAPUCHIÑA (chimpando e cantando):

-A casa da miña avoa

LOBO:

-Pois vai por ese camiño que é máis curto

NARRADOR:

Mentres tanto, o lobo marchou por un atallo á casa da avoa. Chamou á porta e a velliña, cando viu ao lobo, agochouse no armario.

O lobo puxo o pucho e o camisón da avoa e meteuse na cama..

Non tivo que esperar moito, pois Carapuchiña chegou axiña toda contenta.

A nena achegouse á cama e viu que a avoa estaba moi cambiada.

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que ollos máis grandes tes!

LOBO:

-Son para verte mellor -dixo o lobo tratando de imitar a voz da avoa

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que orellas máis grandes tes!

LOBO:

-Son para oirte mellor – seguiu dicindo o lobo.

CARAPUCHIÑA:

-Avoíña, avoíña, que dentes máis grandes tes.

LOBO (botandose enriba da Carapuchiña)

-Son para…comerte mellooooor!

NARRADOR:

Mentres tanto, un cazador oiu os gritos de Carapuchiña e coa súa escopeta disparou ao lobo, que marchou correndo daquel lugar.

En canto a Carapuchiña e a súa avoa , non sufriron máis que un gran susto, e xunto ao cazador, merendaron os doces da cesta.


E como non podía ser doutra maneira convidaron a todos os nenos e nenas do lugar.

5 comentarios a “Carapuchiña Vermella”

  1. rosana dixo:

    Dame máis medo o cazador que o lobo!

  2. Marián dixo:

    E que Rosana…, o lobo era moi bo, jijiji.

  3. Tamara dixo:

    Noraboa a todos as miñas compañeiras polo ben que o fixeron e que como disfrutaron os nenos.

  4. tami dixo:

    Fixéstelo moi ben!!parabén compañeiras!!pasámolo moi ben as profes e máis os nenos !!xa facía tempo que non me reia tantísimo…a avóa era….auténtica!!jejeje

  5. Zaida dixo:

    a avoa……….quedoume un trauma, k feiña que vou ser de vella!jajjaja

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe