Arquivo de Abril do 2009
Publicado por nigran o 23 de Abril do 2009
Fito, Fefé e Pipa
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2009
Pepe sen cueiro!!
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2009
O noso mercado
Publicado por nigran o 16 de Abril do 2009
O pasado mércores 8 de abril tivo lugar o primeiro mercado da galescola de Nigrán.
Temos que dicir que, a pesar da crise, vendemos todo o que tiñamos!
Había produtos de todo tipo: leite, auga, refrescos, galletas, cereais, xabrón…
Enchemos as nosas bolsas cos produtos que queriamos levar…
E claro!… ao final tivemos que pasar pola caixa a pagar.
A árbore dos Cabaliños
Publicado por nigran o 16 de Abril do 2009
Mirade que árbore máis chula fixeron os nenos e nenas da aula dos Cabaliños para decorar o seu espazo.
Xogando co léxico
Publicado por nigran o 15 de Abril do 2009
Xogando co léxico
Publicado por nigran o 15 de Abril do 2009
A semana pasada, por problemas técnicos, non puidemos apuntar neste blog a palabra que escolleron as profas de Estreliñas. A palabra era:
Papoula. Aí vai unha pista!!: <Estamos a traballar a primavera >
A papoula (Papaver rhoeas) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas, habitual nos campos cultivados con cereais, tamén se atopa nas beiras das estradas e nas praderías. A súa floración acontece na primavera e no verán, a súa flor é de pétalos vermellos e zume leitoso. Utilizouse tradicionalmente para curar as afeccións do tracto respiratorio como a bronquite ou a tose.





























