Arquivo de Maio do 2009

Aniversario de Paula

Publicado por nigran o 30 de Maio do 2009

Hoxe festexamos o aniversario de Paula.

Pasámolo moi ben porque, como sempre, había torta, zume e… amizades con quen compartir.

Tamén sopramos as dúas candeas.

Nico sen cueiro.

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2009

Nico, da aula das Estreliñas, xa non usa cueiro.

Ollade que contento vai ao baño!!

Eva xa non ten cueiro

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2009

Eva, da aula das Estreliñas, xa non usa cueiro.

Lévao moi ben e a roupa xa vai chegando.

Aniversario de Lukas

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2009

A semana pasada festexamos o 2º aniversario de Lukas, da Unidade da Tarde.

Soprou as 2 velas.

Comemos o bizcoito que nos trouxeron os papás de Lukas.

Mirou moi atento a postal de felicitación que lle fixeron os seus compañeiros.

Xogamos con confeti e globos, pasámolo moi ben!!

Vaia Xardineiros.

Publicado por nigran o 26 de Maio do 2009

Os nenos e nenas de 1-2 traballamos coma auténticos xardineiros e floristas.

Coma sempre coidamos as plantas que temos nas nosas aulas…

…pero ademais saímos ao patio e recollemos flores….

O patio estaba cheo de pampillos!!

…para preparar un ramiño para as nosas familias.

Somos pasteleiros!

Publicado por nigran o 26 de Maio do 2009

No noso achegamento ao mundo laboral, os nenos, nenas e profes da galescola de Nigrán, fixemos uns bizcoitos…


Traballamos moito ese día:

preparamos zume de laranxa,

botamos os ingredientes,

e remexemos.

Tamén fixemos algunha trasnada!

UMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM….

Para chupar os dedos!

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 25 de Maio do 2009

A palabra que escolleron

as profes de Estreliñas é: MARIOLA

Hai que ver que sonoridade

ten !!

Se sabes o significado,

xoga connosco e insire

un comentario nesta páxina.

xogando co léxico

Publicado por nigran o 24 de Maio do 2009

O significado da palabra coa que xogamos a semana pasada é:

Sabela, s.f. Peixe mariño teleósteo que na primavera desova nos esteiros dos ríos.

É un dialectalismo. A forma recomendada polo VOLGA é zamborca, inda que a forma maioritaria é sable

Nota: pódese confundir a Alosa alosa (ou sable en galego) có Alosa fallax (sabela ou zamborca en galego), xa que son moi parecidos.

http://www.rios-galegos.com/pe5.htm

Aniversario Emma

Publicado por nigran o 21 de Maio do 2009

Emma xa ten 3 anos!!!

As Caracolas pintáronlle unha postal de recordo.

Fixemos unha gran festa para celebrar o aniversario con Emma.

Os Augamares e o mundo laboral

Publicado por nigran o 21 de Maio do 2009

Os Augamares achegáronse esta semana aos oficios e profesións.

Primeiro fixeron un mural

Logo escolleron unha profesión moi, moi artística: foron escultores. Traballaron arreo coa plastilina.