Arquivo do 14 de Maio do 2009

Unha luz moi especial.

Publicado por nigran o 14 de Maio do 2009

Como nos gustaron as sesións de luz negra que tivemos na nosa escola! As nosas profes nos pediron que trouxeramos roupa branca, e…. guauuuuuuuuuu….como brillabamos!

 

 

 

A aula da sesta de 1-2 converteuse nun lugar máxico, cheo de cores     fosforescentes e rechamantes.

Ademais xogamos con papeis de distintas clases e formas, que tamén brillaban, uns máis ca outros.

Pero o mellor de todo foi….PINTAR…cunhas cores tan luminosas.


Os patiños perdidos

Publicado por nigran o 14 de Maio do 2009

O pai de Perico achegounos  uns patiños que atopou perdidos pola rúa, a piques de caír na rede de sumidoiros. Levounos para a súa casa e alí os está a coidar moi ben.