Este venres 15 de maio celebramos na nosa escola a festa das Letras, que este ano está adicada a Ramón Piñeiro.

Como queira que a nosa literatura está chea de poesías para crianzas, fixemos unha escolla e recitámolas na festa.
Un persoaxe especial viu presentar esta festa:

Nós estabamos todos moi atentos:

Elaboramos murais para expresar a poesía tamén de forma gráfica, adaptamos algunha delas para poder cantala e tamén fixemos unha versión do Caracol, col, de Manuel María ao que lle puxera música Suso Vaamonde.


Aí van alguhas das que se cantaron ou recitaron:
A lúa

LÚA QUE SAES DE NOITE NÚA
¿ONDE TES A CASA TÚA?
LÚA NOVA
OCULTA NA COVA.
LÚA CRECENTE
MÉDRALLE UN DENTE.
LÚA MINGUANTE
CAIRO DE ELEFANTE.
LÚA QUE SAES DE NOITE ESPIDA
¿ONDE DORMES DE DÍA?
XOÁN NEIRA.”Xiz de cor”.Baía edicións
“Lúa”.Oscar Villán
Arco da vella.

ARCO DA VELLA
VAITE DE AÍ
QUE AS NENAS BONITAS
NO SON PARA TI.
FUXE CHUVIA,FUXE SOL,
FUXE RODA DE COLOR
QUE A NENIÑA QUERE BRINCAR
COAS AREAS DO AREAL.
VAITE NÉBOA,VAITE VENTO,
VAITE CARA DE MAL TEMPO
QUE A NENIÑA QUERE
CORRER POLA AREAS DO LER.
¡AI, MIÑA NENIÑA,NENA,
NON SE VAI O ARCO DA VELLA!
XOSÉ MARÍA ALVAREZ BLÁZQUEZ.”Roseira do teu mencer”
CARACOL

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!
O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!
CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!
Manuel María.”Os soños na gaiola”.Merlín.

A NEVE E O SOL CASARON
EN MAÑANCIÑA DE ABRIL,
ELA VESTIDA DE BRANCO
CON PERFUME DE XASMÍN
EL CO SEU METAL BRILLANTE
DE TROMPETA E DE CLARÍN.
FOI NA PRAIA DOS LAGARTOS
ONDE SE DIXERON O SI.
E BAIXARON POLAS LAXAS
AQUEL DÍA TAN FELIZ
AUGAS CANTAREIRAS,LIMPAS
COMO UN SÓ DE VIOLÍN.
Que ben o pasamos escoitando poesía,

bailando

e cantando!

Esta entrada foi publicada
o Luns, 18 Maio do 2009 ás 15:29 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
19 de Maio de 2009 ás 10:30
Que ven o pasades, deixade algunha festa para cando eu volva!!!!
19 de Maio de 2009 ás 21:14
Que ben o pasamos nesta galescola!!!!calquera acontecemento nos seve para fecer un gran festa!!
22 de Maio de 2009 ás 22:32
Festa e mais festa!!!!este e o nos lema con sorrisos e alegria todo se aprende