Arquivo de Maio do 2009
Publicado por nigran o 21 de Maio do 2009
Rui, da clase das Caracolas, xa cumprui 3 anos.

Os seus compañeiros fixéronlle unha postal.

Xuntos celebramos este 3º aniversario de Rui.


Etiquetas: Aniversarios
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 21 de Maio do 2009
Os Augamares de Nigrán (0-1) xa comezan a xantar soíños. Manuel e Hernán xa o fan dende hai tempo; pero agora comezou a facelo Saúl. E que xeito lle dá !!! Xa son 3 de 7. A porcentaxe non está nada mal.
Parabéns aos tres.
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Maio do 2009
Etiquetas: BOMBEIROS, ESPUMA
Publicado en Aniversarios | 7 comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Maio do 2009
Nestes días festexamos o segundo aniversario de Antía, da clase de Cabaliños de Mar, aquí a temos cos seus compañeiros:



Parabéns Antía!
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2009
“Adió piiiiiiiiiiii!” Dille moi contenta Gabriela ao water cada vez que tira da cisterna. E a quen lle dixo adeus definitivamente foi aos cueiros!

Moitos parabéns Campiona!
Etiquetas: cueiro
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2009
Este venres 15 de maio celebramos na nosa escola a festa das Letras, que este ano está adicada a Ramón Piñeiro.

Como queira que a nosa literatura está chea de poesías para crianzas, fixemos unha escolla e recitámolas na festa.
Un persoaxe especial viu presentar esta festa:

Nós estabamos todos moi atentos:

Elaboramos murais para expresar a poesía tamén de forma gráfica, adaptamos algunha delas para poder cantala e tamén fixemos unha versión do Caracol, col, de Manuel María ao que lle puxera música Suso Vaamonde.


Aí van alguhas das que se cantaron ou recitaron:
A lúa

LÚA QUE SAES DE NOITE NÚA
¿ONDE TES A CASA TÚA?
LÚA NOVA
OCULTA NA COVA.
LÚA CRECENTE
MÉDRALLE UN DENTE.
LÚA MINGUANTE
CAIRO DE ELEFANTE.
LÚA QUE SAES DE NOITE ESPIDA
¿ONDE DORMES DE DÍA?
XOÁN NEIRA.”Xiz de cor”.Baía edicións
“Lúa”.Oscar Villán
Arco da vella.

ARCO DA VELLA
VAITE DE AÍ
QUE AS NENAS BONITAS
NO SON PARA TI.
FUXE CHUVIA,FUXE SOL,
FUXE RODA DE COLOR
QUE A NENIÑA QUERE BRINCAR
COAS AREAS DO AREAL.
VAITE NÉBOA,VAITE VENTO,
VAITE CARA DE MAL TEMPO
QUE A NENIÑA QUERE
CORRER POLA AREAS DO LER.
¡AI, MIÑA NENIÑA,NENA,
NON SE VAI O ARCO DA VELLA!
XOSÉ MARÍA ALVAREZ BLÁZQUEZ.”Roseira do teu mencer”
CARACOL

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!
O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!
CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!
Manuel María.”Os soños na gaiola”.Merlín.

A NEVE E O SOL CASARON
EN MAÑANCIÑA DE ABRIL,
ELA VESTIDA DE BRANCO
CON PERFUME DE XASMÍN
EL CO SEU METAL BRILLANTE
DE TROMPETA E DE CLARÍN.
FOI NA PRAIA DOS LAGARTOS
ONDE SE DIXERON O SI.
E BAIXARON POLAS LAXAS
AQUEL DÍA TAN FELIZ
AUGAS CANTAREIRAS,LIMPAS
COMO UN SÓ DE VIOLÍN.
Que ben o pasamos escoitando poesía,

bailando

e cantando!

Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2009
Etiquetas: agasallo, familia
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2009
A palabra que escolleron as profas de Cabaliños de Mar para xogar esta semana é: SABELA.

Haxa sorte, que o premio é grande!!
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 15 de Maio do 2009
A palabra coa que xogamos esta semana pasada era: GALOCHA

galocha s.f. ou galocho s.m. 1. Calzado de coiro con piso de madeira, que pode ser baixo ou ter forma de bota. Os galochos son calzado de inverno. SIN. chanca, zoco.CF. chanco, madroña, zoca. 2. Calzado dunha peza, todo de madeira e xeralmente con tacos, para preservalo da humidade, que se usa por riba doutro. No inverno pon as galochas para non mo-
lla-las zapatillas. SIN. madroña, zoca. 3. Calzado de goma que se pon por riba doutro calzado para preservalo da humidade. Calzou os galochos para non molla-los pés. SIN. chanco. // s.m. 4. Galorcho. Uns galochos de coiro. Non quero que volvas poñer eses galochos.

Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 14 de Maio do 2009

Como nos gustaron as sesións de luz negra que tivemos na nosa escola! As nosas profes nos pediron que trouxeramos roupa branca, e…. guauuuuuuuuuu….como brillabamos!



A aula da sesta de 1-2 converteuse nun lugar máxico, cheo de cores fosforescentes e rechamantes.

Ademais xogamos con papeis de distintas clases e formas, que tamén brillaban, uns máis ca outros.


Pero o mellor de todo foi….PINTAR…cunhas cores tan luminosas.





Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »