Arquivo de Xuño do 2009
Publicado por nigran o 30 de Xuño do 2009
Xa sabemos o que é unha cacharela:

|
cacharela
< lat *quassare ‘escachar, romper’
port: fogueira cast: hoguera ingl: bonfire alem: Scheiterhaufen, Lagerfeuer
1 s f Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman e producen fortes lapas.<!––>
2 cacharela de San Xoán ETN Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que se amontoan na véspera de San Xoán. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, mentres se baila e aturuxa. Ó se consumir a leña, sáltase por riba das últimas lapas para tirar os meigallos do corpo.<!––>
SIN: 2 cacheira, 1 cachela, fogueira, larada, lumarada, lumeirada, lumieira. |
Etiquetas: cacharela
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 26 de Xuño do 2009
O pasado 23 xuño aínda que fora de mañá, festexamos a “Noite de San Xoan”.
Fixemos unha fogueira, pero das que non queiman!

Saltámola coa axuda das profes, ou pasámoslle por enriba.



E como non…preparamos auga de San Xoan, coas herbas que trouxemos da casa para, ao día seguinte, lavar a cara con ela.



Tiñamos herba luísa, romeu, fiuncho, nébeda, poexos, trementelo, espliego, árnica, rosas, fentas,…

Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Xuño do 2009
A palabra que escolleron as profas dos
Golfiños para xogar esta semana é:
cacharela
Etiquetas: cacharela
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Xuño do 2009
Etiquetas: roupa, verán
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Xuño do 2009
Chegou o momento de despedirnos dos nenos e nenas máis maiores da galescola, por eso fixemos unha festa fin de curso.
Como queira que en Nigrán estamos moi interesados por outras culturas e outros costumes, decidimos facer unha festa hawaiana.
Decoramos o salón para a ocasión.


Somerxídos no espíritu aloha*, documentámonos moi ben na indumentaria que debiamos levar,nas bebidas que debiamos servir, nos petiscos exóticos que tiñamos que elaborar… e puxémonos mans á obra.

* Espíritu aloha: É a motivación que se expresa a través da alegría, a cortesía, a simpatía e a razoabilidade. Utilízase para saudar e bendecir aos visitantes e pódese traducir por: beleza, paz, goce ou benaventurado sexas.
O público comezou a chegar, e pouco a pouco foise enchendo o salón.


Amosámoslle ás nosas familias a canteira de artistas que temos na galescola.
“Gústame o sol” Augamares

“Pica poliño” Golfiños e Cabaliños

“Chuchuwa” Estreliñas e Caracolas

Despedímonos como é debido de aqueles que pasan ao cole de maiores. Se fora posible…., repetirían curso para seguirmos disfrutando deles!!



Xogamos ao tris-tras, como en cada festa das nosas.

E despois de tanto canto e tanto baile recargamos forzas cuns “pinchiños” que nos fixo a cociñeira Ana e as nosas queridas psx Marisa e Charo.

E como peche da festa……..
ESPUMA


AUGA



Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 23 de Xuño do 2009
Etiquetas: froita, melón, sandía
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 22 de Xuño do 2009
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Xuño do 2009
Xa sabemos o que é un curucho
Curucho:
1.sm Especie de capucha de palla ou doutro material coa que se cobre a parte superior dun palleiro.
2.sm Parte máis elevada de algo con forma cónica
SIN: CORUCHO, CURUTO


Etiquetas: CURUCHO
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Xuño do 2009
Etiquetas: xeo
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 19 de Xuño do 2009
Dende aquí querémoslle dar moito ánimo a Martín (dos Cabaliños de mar), no seu camiño cara a autonomía e o control de esfínteres.

Parabéns Martín. O estas facendo moi ben!
Etiquetas: cueiro
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »