Arquivo de Xullo do 2009

Aniversario de Lucía

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2009

Lucía, da clase de Cabaliños de Mar, cumpriu 2 anos. Xa é unha nena maior.

Os seus compañeiros festexaron con ela este gran día.

Parabéns Lucía!!!

Lucas Olivier sen cueiro

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2009

Lucas Olivier, de Cabaliños de Mar, xa non usa cueiro.

Que maior se está facendo!!

Ollade que contento vai ao baño.

xogando co léxico

Publicado por nigran o 13 de Xullo do 2009

Convidamos a Ana, a nosa cociñeira, a participar connosco no xogo lingüístico, porque ela pode presentarnos moitas palabras que se usan na cociña e no comedor.

Esta semana desafíanos coa seguinte palabra:

COGOMBRO



CESTO DOS TESOUROS

Publicado por nigran o 10 de Xullo do 2009

Aproveitando que non estaban Manuel e Hernán, que xa están noutro momento evolutivo e lle dan “moitas pistas” , os nenos da aula das Augamares estiveron a remexer no Cesto dos Tesouros.

Como se pode comprobar, estes nenos non precisan dos máis grandes para descubrir por si mesmos todas as cousas agochadas no cesto o o que se pode facer con elas.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 10 de Xullo do 2009

Aí  vai o significado da palabra GREA, que escollemos esta semana para xogar co léxico

grea Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< lat grege ‘rabaño’
port:grei     cast: grey     ingl: flock     alem: Herde
s f Conxunto de animais de catro patas que viven xuntos, especialmente cabalos.

Aniversario de Rodrigo

Publicado por nigran o 9 de Xullo do 2009

Rodrigo, da aula das Caracolas, cumpriu 3 anos o pasado 1 de xullo.

Pasouno moi ben cos seus compañeiros; cantaron, bailaron e xogaron.

Moitos parabéns Rodrigo!!!

Refrescámonos 2!

Publicado por nigran o 7 de Xullo do 2009

Aquí temos aos nenos e nenas de Cabaliños de Mar experimentando coa auga.

Como lles gusta!

Xandre quitou o cueiro!

Publicado por nigran o 7 de Xullo do 2009

Noraboa amigo!

Xa eres un neno moi maior que non usa cueiro,

PARABÉNS

Que fame temooosss!!

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2009

As crianzas deste comedor prepáranse

para deboraaaarrrr !!

O xantar está tan bo que comemos todiño

Logo de atacarlle á sopa e ao polo guisado,

e como somos animais racionais,

recollemos o noso prato.

Pero…, sempre queda algún pechacancelas ao que non lle baixa a bola por moito que mastigue.

XOGANDO CO LÉXICO.

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2009

Esta semana tócanos  escoller palabra ás PSX’s.

Por ser unha palabra que se emprega bastante nesta época  e  moi pouco no resto do ano, imos a poñela no noso taboleiro.

A palabra coa que queremos xogar é:

grea