Arquivo de Agosto do 2009

HIXIENE

Publicado por nigran o 28 de Agosto do 2009

PLAN DE HIXIENE (GRIPE COMÚN, GRIPE A, CATARRIÑOS…)

Na escola estamos ultimando un plan de limpeza e hixiene para evitar contaxios, e que nos vai vir moi ben para minimizar, na medida do posible, incluso os catarros.

Algunhas das medidas que adoptamos son as seguintes:

1º  DISPÓR DE  POUCOS XOGUETES NA AULA  DE CADA VEZ (GARDAR PARTE DELES), SOBRE TODO NAS AULAS DOS MÁIS PEQUENOS, QUE OS TRINCAN.  DESINFECTAR A MEDIA MAÑÁ. REPOÑER COS XOGUETES GARDADOS.

2º  LIMITAR O USO DA CHUPETA, SE É POSIBLE (ÁS CRIANZAS SEMPRE LLES GUSTA COLLER EMPRESTADA A DO COMPAÑEIRA/O)

3º  OLLO CO CHAN ONDE SE GATIÑA. LIMPARLLE AS MANS DESPOIS DE ESTAR NO CHAN CANDO SEXA POSIBLE.


Nova imaxe

Publicado por nigran o 28 de Agosto do 2009

Nova imaxe da rede de Escolas Infantís

A rede de escolas infantís de Galicia conta xa cunha nova imaxe, representada por unha galiña azul.

Gripe A

Publicado por nigran o 28 de Agosto do 2009

A Consellería de Sanidade pon a disposición da cidadanía un novo portal de información sobre o novo virus da Gripe A.

gripe a

O portal conta con catro apartados, onde se responden as preguntas máis frecuentes sobre a Gripe e se proporciona información específica para profesionais e diversos colectivos.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar colaborará coa difusión da información sobre a gripe con unha ligazón permanente ao portal na súa propia páxina web.

Tamén podes visitar o novo portal sobre a Gripe A a través do seguinte enlace:

 http://www.sergas.es/MostrarContidos_Por…

Periodo de adaptación

Publicado por nigran o 26 de Agosto do 2009

Na Escola infantil de Nigrán, estamos a preparar con moita ilusión o novo curso, eleximos unha temática moi motivadora que nos sumerxe nun “Mundo Máxico” de Fadas, Meigas, Trasnos, Unicornios e Dragóns; e para que os nenos/as e as familias se integren perfectamente neste marabilloso espazo do noso “Bosque Encantado”, planificamos un periodo de adaptación tanto paro os que chegan de novo como para os que xa estiveron o ano pasado nun mar no que Augamares, Gofiños e Cabaliños xa son este ano un pouquiño máis grandes e cambian de compañeiros, de aula e, nalguns casos, de mestras.

O período de adaptación é un proceso de entrada e incorporación a un novo ambiente, a Escola Infantil, no que o obxectivo é que todos/as os que formarmos parte dela ( crianzas, familias e persoal do centro) nos coñezamos e comecemos a establecer vínculos que nos permitirán levar a cabo unha actuación conxunta, por e para o desnvolvemento integral dos nenos/as nunha labor educativa de Calidade.

A planificación deste período foi consensuada polo equipo educativo de xeito que favoreza a nova incorporación dos que chegan, e a adaptación dos que xa están, aos novos compañeiros, ao cambio de espazos (aula,sestas,decoración) e a volta á rutina despois do período vacacional.

Todo o persoal da escola agradécelle ás familias a seu esforzo e colaboración para que este novo curso comece do mellor xeito posible.

Cronograma do período de adaptación

xogando co léxico

Publicado por nigran o 26 de Agosto do 2009

Esta semana escolleron palabra as dos Cabaliños.

Como temos un corredor cheo de animais e seres mitolóxicos, escolleron a seguinte palabra:

ESQUÍO.

A ver se acertades!!

Unicornios

Publicado por zaida_nigran o 25 de Agosto do 2009

2-3 (maiores). Nesta aula van estar os máis grandes da escola, cabaliños de mar xunto cos novos nenos e nenas.

Trasnos

Publicado por zaida_nigran o 25 de Agosto do 2009

2-3 (pequenos). Os nosos “golfiños” cambian de nome, agora son os “trasnos”, e terán novos compañeiros/as que xa iremos presentando.

Fadas

Publicado por zaida_nigran o 25 de Agosto do 2009

Nenos e nenas de 1-2 (maiores). As nosas “augamares” pasan a ser “fadas” e recibirán nestes días os novos compañeiros e compañeiras.

Dragóns

Publicado por zaida_nigran o 25 de Agosto do 2009

Nenos e nenas de 1-2 (pequenos)

Meigas

Publicado por zaida_nigran o 25 de Agosto do 2009

Internivel 0-2