Arquivo do 3 de Agosto do 2009
Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009
Esta semana tócalles ás profesoras da aula das Caracolas escoller a palabra para pór no xogo lingüístico.
Elas escolleron a palabra Antuca.

¿Sabes o que significa?
Unha pistiña: no verán usábase moito.
Etiquetas: Xogando co léxico
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009
Lucas, da clase das Caracolas, cumpriu 3 anos. Festexámolo todos xuntos comendo, bebendo e facendo unha gran festa.
Lucas pasouno moi ben, e por suposto os seus compañeiros agasalláronno cunha postal feita por eles mesmos e coa súa felicitación.



Etiquetas: Aniversarios, Caracolas
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009
Como estivemos a traballar o tema de Galicia, ¿como nos íamos quedar sen facer o Camiño de Santiago?
Ollade que peregrinos máis valentes temos que fan o camiño nun abrir e pechar de ollos.
Subiron e baixaron montañas, atravesaron ríos, pasaron por debaixo de pontes, etc…
Etiquetas: Caracolas, Estreliñas, psicomotricidade
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »