Arquivo de Agosto do 2009

Últimos toques.

Publicado por nigran o 25 de Agosto do 2009

Seguindo coas labores de decoración para

a acollida, damos as últimas pinceladas:

COMEZAMOS !!

Publicado por nigran o 24 de Agosto do 2009

Aquí temos o cronograma para recibir

ás nosas crianzas.

Estamos poñendo todo a punto para a acollida:

xogando co léxico

Publicado por nigran o 24 de Agosto do 2009

Xa sabemos o que é un paspallás:

castelán: codorniz Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.

1

s m ANIMAL/ORNIT Ave esteparia, da familia dos fasiánidos, que presenta unha plumaxe acastañada co ventre máis pálido, coas ás aguzadas, e a cola curta e con listas.


Febre decoradora na Escola !!

Publicado por nigran o 20 de Agosto do 2009

Na Escola Infantil de Nigrán decidimos cambiar  o nome das aulas.  A temática elixida para decorar e pór nome ás aulas acordouse que fora a relacionada cos seres mitolóxicos da nosa antropoloxía.

Así, resulta que temos as aulas das fadas, meigas, dragóns, unicornios e trasnos. Tamén habitan no noso corredor outros seres que se agochan no noso bosque animado.

Todos estes cambios supoñen unha morea de traballo e que a Escola se convertise nun gran obradoiro de decoración.

E o cazador de imaxes, pois cazado:

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 18 de Agosto do 2009

Esta semana escolleron palabra

as profas dos Golfiños.

Elas agasalláronnos

coa seguinte palabra: PASPALLÁS

Se sabes do que se trata, xa sabes,

a poñelo no blog a modo de comentario.

xogando co léxico

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2009

Xa sabemos o que é unha bufarda,

que é a palabra que escolleu Iria

para xogar con nós esta semana

calorosa.

bufarda Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< bufar?
port:clarabóia     cast: claraboya, tragaluz     ingl: skylight     alem: Dachfenster
f Abertura que se fai na parede ou na parte superior do teito e pola que pasa a luz, o aire ou se accede ao tellado.

SIN: bufarra.
CFR: biolo, bufardo, bufarro, claraboia, fachal, fachineiro, fachinelo, lumieira, mainel.

…auga!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Publicado por zaida_nigran o 17 de Agosto do 2009

Non temos nada que dicir, que vai calor e aquí aprobeitamos á mínima para…

REFRESCARNOS

xogando co léxico

Publicado por nigran o 12 de Agosto do 2009

Esta semana tocáballe escoller a PALABRA  ás

profas das Augamares.

Como Encarna está de vacacións e Lidia está

maliña (ánimo Lidia!!), escolleu Iria,

unha profa que nos vén axudar estes días.

Pois Iria escolleu  “BUFARDA” para xogar co léxico.

A ver se acertades.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 12 de Agosto do 2009

Xa sabemos o que é unha antuca:

antuca Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
port: guarda-sol, guarda-chuva     cast: parasol, paraguas     ingl: sunshade, umbrella     alem: Regenschirm, Sonnenschirm

1 s f Aparato portátil construído por un mango que sostén unhas variñas cubertas por unha tea e que serve para protexerse do sol. <!––>
2 s f paraugas. <!––>
SIN: parasol.

Aniversario de Paula

Publicado por nigran o 12 de Agosto do 2009

Este pasado luns día 10, festexamos o aniversario de Paula Leal.

Soplou as velas do seu bizcoito.