O pasado venres houbo unha gran festa na escola: Adriana fixo dous aniños!!.
Así que, para festexalo, os nenos do Mundo Máxico (Unidade da tarde) pintámoslle unha postal de felicitación e axudámoslle a soprar as candeas da tarta. Mirade, mirade…
O sentido do gusto é moi importante, por iso na clase de Trasnos quixemos saber as sensacións gustativas que pode haber. Probamos limón, laranxa, chocolate, sal, azucre, iogur…
O chocolate estaba para chuparse os dedos, foi o que máis éxito tivo, pero o limón aínda que pareza mentira, non se quedaba atrás. Moi valentes estes nen@s.