Arquivo do 27 de Outubro do 2009

Chegou o Samaín!!

Publicado por nigran o 27 de Outubro do 2009

Estes días tódolos nenos estamos a traballar moitísimo para decorar a escola para o Samaín.

Pintamos de cor laranxa, facemos fantasmas para os nosos castelos máxicos, debuxamos cabazas, xogamos a rachar papel laranxa… Pasámolo en grande preparando todo para a gran festa que imos a ter dentro de pouco.

E ademais non temos nadiña de medo convivindo entre fantasmas, cabazas, arañas e o resto de seres terroríficos que pululan pola escola estes días. Mirade, mirade…

OBRADOIRO DA VENDIMA

Publicado por nigran o 27 de Outubro do 2009

En Nigrán chegou a vendima. O pasado xoves, cos nen@s de 0-2 anos, e o venres cos de 2-3, fixemos un obradoiro coas uvas:  manipulamos, probamos, pisamos, pintamos…e incluso tomamos zume de uva.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración cos acios de uvas;  fixeron que o obradoiro fora todo un éxito.

Aniversarios Trasnos

Publicado por nigran o 27 de Outubro do 2009

Na aula dos Trasnos tivemos tres aniversarios:

Raúl, Daniela e Manu xa teñen 2 anos. Moitos Parabéns para todos eles.