Arquivo de Novembro do 2009

Somos de África!!

Publicado por nigran o 30 de Novembro do 2009

Pola tarde, os nenos da aula do Mundo Máxico pintamos a cara de cor negra. Eramos case igualiños ós nenos que viven en África!!.

Ademais, plasmamos as nosas mans nun corazón e lle pegamos fotos de nenos que viven nese continente.

Ollade o bonito que nos quedou todo!!. E, sobre todo, observade o guapos que saímos todos nós!!.

Vestímonos doutras culturas.

Publicado por nigran o 30 de Novembro do 2009

Na aula dos Trasnos houbo unha transformación dos nosos nenos en nenos chegados doutros lugares do mundo. Foi moi divertido!!.

Así que, nos vestimos como esquimós de Alaska, como mexicanos, como árabes do deserto… Ademais, miramos o noso parecido con nenos deses sitios e, a dicir verdade, pareciamonos bastante.

Mirade o guapos que estabamos cas nosas roupas…

Temos indios na escola!!

Publicado por nigran o 30 de Novembro do 2009

Durante estes días na escola estamos traballando o tema de “Culturas do mundo”. Por tal motivo os nenos de Meigas pintáronse como auténticos indios.

Ata tiñan plumas na cabeza!!. Queredes miralo?. Temos as fotos dos nosos indios recén saídos da súa tribo.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 30 de Novembro do 2009

Esta semana escollemos palabra as PSX’s,

que decidimos que queriamos xogar con:

BEAR.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 27 de Novembro do 2009

A palabra desta semana, que escolleu

a nosa cociñeira Ana, era:

AFERVENTAR,

que quere dicir o seguinte:

aferventar Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< ferver
port:aferventar     cast: herventar

1 v t Darlle un lixeiro fervor a un líquido ou ao contido do mesmo. <!––>
2 v t MAR Meter as redes de pescar dentro da caldeira onde se van tinguir. <!––>
VAR: ferventar.
CFR: ferver.

Trasnos sen cueiro

Publicado por nigran o 26 de Novembro do 2009

Á vez que comezaba o curso algúns nen@s da clase de Trasnos, pouco a pouco, foronse despedindo do cueiro.

As profes,Zaida e Tami, están moi contentas do ben que o fixeron.

ANTÓN

HUGO E MANUEL

NOA

LUCAS

Vista privilexada

Publicado por nigran o 25 de Novembro do 2009

Os nenos desta escola estamos a disfrutar

como nunca da paisaxe cotiá.

Temos unha ventana aberta ao mundo do traballo,

porque están a furar no patio para termos unha

calefacción que funcione con enerxía xeotérmica.

Dende as nosas aulas observamos como traballan esas enormes palas escavadoras, os guindastres, as barrenas que furan o chan e os traballadores, que levan cascos na cabeza.

Día dos Dereitos da Infancia.

Publicado por nigran o 23 de Novembro do 2009

Nesta escola tódolos nenos estivemos a traballar duramente estes días para festexar o Día dos Dereitos da Infancia.

Fixemos murais, pintamos, ensaiamos cancións… E como non, tamén aprendimos algúns dereitos que todos debemos ter.

Todo este esforzo deu o seu resultado nunha gran festa na que disfrutamos con todas e cada unha das actuacións. Botade unha ollada…

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 23 de Novembro do 2009

Esta semana escolleu palabra Ana, a nosa cociñeira,

que se dispuxo a ampliar o noso vocabulario á hora

de cociñar.

A palabra que escolleu é: AFERVENTAR.

Aniversario de Gael.

Publicado por nigran o 20 de Novembro do 2009

Hoxe tivemos festa na aula dos Trasnos: Gael fixo 2 aniños!!.

E para celebralo todos os nenos fixémoslle unha postal de felicitación, axudámoslle a soprar as candeas, bebemos zume… Pasámolo en grande bailando e xogando nesta festa.