Arquivo do 6 de Novembro do 2009

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 6 de Novembro do 2009

A palabra que escolleron as profas dos  unicornios,

PALLETA, vén sendo:

Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.

Unha palleta no punteiro.

SOMOS UNHA ORQUESTRA

Publicado por nigran o 6 de Novembro do 2009

O día 2 de novembro comezamos coas probas para formar parte da orquestra da Escola Infantil de Nigrán.

Coñecemos diferentes instrumentos: maracas, pandeiros, pandeiretas, cunchas, claves, axóuxeres, campaíñas, xilófono,platillos, castañolas… e aprendemos a tocalos.

Con eles, aprendemos a diferenciar os seus sons e a intentar distinguir entre son e silencio.

Como todos os nen@s o fixeron tan ben e superaron as duras probas de audición, pasan a formar parte da gran orquestra de Nigrán. Noraboa a tod@s