Arquivo do 10 de Novembro do 2009

Ragdog na nosa escola!!.

Publicado por nigran o 10 de Novembro do 2009

Hoxe tódolos nenos da escola asistimos a un concerto!!. Aproveitando que o fillo da nosa PSX Charo é un dos compoñentes do grupo Ragdog, invitámolos a visitarnos. Viñeron a cantarnos unhas cancións, deixáronnos toca-las súas guitarras, puxéronlle música as que cantamos nós…

Pasámolo en grande con Pablo e con Juanma. Moitas grazas pola vosa visita, gustounos moito. Esperamos vervos de novo por aquí!!