Hoxe tódolos nenos da escola asistimos a un concerto!!. Aproveitando que o fillo da nosa PSX Charo é un dos compoñentes do grupo Ragdog, invitámolos a visitarnos. Viñeron a cantarnos unhas cancións, deixáronnos toca-las súas guitarras, puxéronlle música as que cantamos nós…
Pasámolo en grande con Pablo e con Juanma. Moitas grazas pola vosa visita, gustounos moito. Esperamos vervos de novo por aquí!!

Esta entrada foi publicada
o Martes, 10 Novembro do 2009 ás 20:07 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
10 de Novembro de 2009 ás 20:55
Miotas grazas a estes pedazo artistas!!!fixeron que o pasásemos en grande!!e grazas tamén a Charo por invitalos a nosa escola!!!!
10 de Novembro de 2009 ás 22:31
Graciñas a Pablo e a Juanma pola súa visita e pola súa música en directo. Ós nenos encantoulles porque nin pestanexaban!!.
E moitas grazas tamén a Charo por traelos. Xa estamos esperando novas visitas súas con máis cancións!.
10 de Novembro de 2009 ás 23:17
Moitas grazas a Juanma e Pablo por vir facernos unha visita a escola e cantarnos unhas cancións. Tiñan un público moi difícil, pero conquistáronos porque estiveron moi quietiños e non decían nin mu!!!!
E sobre todo moitas grazas a Charo por convidalos a facernos unha visita, esperamos que non sexa a última!!!
11 de Novembro de 2009 ás 10:25
Voltade pronto! Moiotas grazas o pasamos en grande
11 de Novembro de 2009 ás 11:27
Que pena non poder estar!!! Outra vez será. Grazas por vir e dar esta sorpresa os nen@s, e sobre todo a Charo que fixo que isto fora posible. ATA PRONTO!!
11 de Novembro de 2009 ás 14:58
Menudo nivel ten a escola de Nigrán, nada menos que RAGDOG en concerto!!! Xa me gustaria podelos ver, que sorte teñen estes neniños…
11 de Novembro de 2009 ás 18:34
Espero que volten na festa de fin de curso, xa que eu tampouco estaba onte.Grazas!