Publicado por nigran o 16 de Novembro do 2009
O pasado venres festexamos o Magosto na nosa escola.
Así que, para tal celebración, asamos castañas ca axuda da nosa cociñeira Ana. Despois de comelas pasámolo en grande cantando e bailando. E nós tamén axudamos tocando os instrumentos.
Botade unha ollada ó ben que o pasamos!!.
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 16 de Novembro do 2009
Os pais e nais da nosa escola xa se organizaron.
Constituíronse en Asociación e xa se ocupan
formalmente de xestionar todas aquelas
cuestións que lle preocupan sobre as súas crianzas.

Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 16 de Novembro do 2009

A palabra que propuxo a nai de Adriana
para xogar esta semana é:
Alfándega
Podedes xogar connosco e inserir un comentario
co significado da palabra.
Tamén queremos enviarvos este enlace:
http://www.xunta.es/linguagalega/animacion_bocaberta
que vos levará aos programas de dinamización
lingüística que está a desenvolver a Secretaría
Xeral de Política Lingüística e poderedes ver
as diversas actividades que
programan para os máis novos.
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »