Arquivo do 23 de Novembro do 2009

Día dos Dereitos da Infancia.

Publicado por nigran o 23 de Novembro do 2009

Nesta escola tódolos nenos estivemos a traballar duramente estes días para festexar o Día dos Dereitos da Infancia.

Fixemos murais, pintamos, ensaiamos cancións… E como non, tamén aprendimos algúns dereitos que todos debemos ter.

Todo este esforzo deu o seu resultado nunha gran festa na que disfrutamos con todas e cada unha das actuacións. Botade unha ollada…

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 23 de Novembro do 2009

Esta semana escolleu palabra Ana, a nosa cociñeira,

que se dispuxo a ampliar o noso vocabulario á hora

de cociñar.

A palabra que escolleu é: AFERVENTAR.