Arquivo de Novembro do 2009

SOMOS UNHA ORQUESTRA

Publicado por nigran o 6 de Novembro do 2009

O día 2 de novembro comezamos coas probas para formar parte da orquestra da Escola Infantil de Nigrán.

Coñecemos diferentes instrumentos: maracas, pandeiros, pandeiretas, cunchas, claves, axóuxeres, campaíñas, xilófono,platillos, castañolas… e aprendemos a tocalos.

Con eles, aprendemos a diferenciar os seus sons e a intentar distinguir entre son e silencio.

Como todos os nen@s o fixeron tan ben e superaron as duras probas de audición, pasan a formar parte da gran orquestra de Nigrán. Noraboa a tod@s

Pola tarde tamén festexamos o Samaín

Publicado por nigran o 4 de Novembro do 2009

Estes días pasados os nenos do Mundo Máxico festexamos o Samaín como era debido. Apagamos todas as luces e acendimos os nosos calacús. Gustounos moito, inda que ó principio estabamos un pouquiño medrosos pola escuridade; pero en canto se acenderon os calacús…, pasounos todo o medo de súpeto!!.

Ademais tivemos unha visita sorpresa. Visitounos unha fantasma!!. Estivo bailando e xogando un rato con nós, pero era tan misteriosa que ata nos custou sacarlle unha foto. Ó final conseguímolo, así que mirade, mirade…

ANIVERSARIO ÁFRICA

Publicado por nigran o 2 de Novembro do 2009

A aula de Trasnos estivo de festa, festexamos o aniversario de África, que xa ten 2 aniños.

MOITOS PARABÉNS

FESTA DO SAMAÍN

Publicado por nigran o 2 de Novembro do 2009

O xoves 29, fixemos entrega dos agasallos das nosas cabazas máis….

Tamén tivemos a visita especial da bruxiña Pirulina, que nos contou moitas historias.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 2 de Novembro do 2009

Esta semana xogamos coa palabra:

PALLETA

que escolleron as profas dos Unicornios.

A PODEDES ENCONTRAR NALGÚN INSTRUMENTO MUSICAL COMA ESTE….

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 2 de Novembro do 2009

A palabra que escolleran as profes de Trasnos,

CALACÚ,

ten o seguinte significado:

s m BOT cabaza.

calacú Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
s m BOT cabaza.
cabaza 1 s f BOT Froito en pepónide da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade, e de sabor doce <!––> 2 s f PLANTA <!––> …     >>>