SOBREMESAS NAVIDEÑAS
Publicado por nigran o 31 de Decembro do 2009
Na escola, os nen@s e as profas fixeron de cociñeiros.
Trasnos fixo unha receita moi navideña: POLVORÓNS.
INGREDIENTES: -FARIÑA FLOXA (500G), MANTEIGA(250G), AZUCRE LUSTRE (300G), CANELA EN PO(10G) E LIMÓN.
PROCESO ELABORACIÓN: -No forno forte meter a fariña nunha lata para tostar sen que chegue a coller cor. RetÍrase cando comece a ulir a fariña tostada. Sácase do forno e déixase arrefriar. Logo mistúrase o azucre, a canela e a manteiga, pero sen amasar. Déixase repousar na neveira 10 minutos. Logo córtanse e fánselle formas divertidas e métense no forno forte uns 5 minutos.Sérvense enfariñados co azucre lustre. Pódense aromatizar con raiadura de limón, anís,…
Dragóns, Fadas e Unicornios fixeron uns ricos BOMBÓNS con chocolate negro ou branco
RIQUISISIMOS!!!!
Os do Mundo máxico, pola tarde, fixeron: PAN DOCE!!
INGREDIENTES: Un pouco de fariña, un chisco de azucre, unha presada de noces e avelás, un anaco de cabaza cocida e un chorriño de auga.
XEITO DE FACELO: Amásase a fariña coa auga, logo engádeselle a cabaza e, por último, incorpóranse os froitos secos.
































































































