Arquivo do 31 de Decembro do 2009

SOBREMESAS NAVIDEÑAS

Publicado por nigran o 31 de Decembro do 2009

Na escola, os nen@s e as profas fixeron de cociñeiros.

Trasnos fixo unha receita moi navideña: POLVORÓNS.

INGREDIENTES: -FARIÑA FLOXA (500G), MANTEIGA(250G), AZUCRE LUSTRE (300G), CANELA EN PO(10G) E LIMÓN.

PROCESO ELABORACIÓN: -No forno forte meter a fariña nunha lata para tostar sen que chegue a coller cor. RetÍrase cando comece a ulir a fariña tostada. Sácase do forno e déixase arrefriar. Logo mistúrase o azucre, a canela e a manteiga, pero sen amasar. Déixase repousar na neveira 10 minutos. Logo córtanse e fánselle formas divertidas e métense no forno forte uns 5 minutos.Sérvense enfariñados co azucre lustre. Pódense aromatizar con raiadura de limón, anís,…

Dragóns, Fadas e Unicornios fixeron uns ricos BOMBÓNS con chocolate negro ou branco

RIQUISISIMOS!!!!

Os do Mundo máxico, pola tarde, fixeron: PAN DOCE!!

INGREDIENTES: Un pouco de fariña, un chisco de azucre, unha presada de noces e avelás, un anaco de cabaza cocida e  un chorriño de auga.

XEITO DE FACELO: Amásase a fariña coa auga, logo engádeselle a cabaza e, por último, incorpóranse os froitos secos.

Xa podedes ver que fixemos todo “a ollo” porque, os que somos uns artistas tan creativos, non  precisamos medir nin pesar.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 31 de Decembro do 2009

A palabra que escolleran as profes da Fadas , que era:

XISTRO, dícenenos que vén sendo: lousa

lousa Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< latu *lausia
port:lousa, piçarra     cast: losa, pizarra     ingl: shale, slab, gravestone     alem: Fliese, Steinplatte

1 s f XEOL Rocha sedimentaria, do grupo dos silicatos, de gran fino, densa, compacta, que presenta unha estrutura foliada e non sofre meteorización. É de cor negra azulada ou negra grisácea, ainda que se coñecen variedades vermellas, verdes ou moradas. Procede de sedimentos arcillosos que adquiriron o seu estado ao ser sometidos a altas presións e temperaturas. Emprégase fundamentalmente na construción, coma pedra de pavimentación e fai algunhas décadas nos taboleiros das aulas. <!––>
2 s f p ext Peza desta rocha, lisa e delgada, que se utiliza sobre todo na construción. <!––>
3 s f p ext Pedra plana e delgada que se emprega para pavimentar. <!––>
SIN: louxa, laxa, laxe, louxa.