Arquivo de Decembro do 2009

CHEGOU O NADAL

Publicado por nigran o 21 de Decembro do 2009

Comezamos a decorar a escola con motivos navideños, na clase de Unicornios fixeron unha árbore moi especial, plasmando as súas mans con témpera verde no cristal.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 18 de Decembro do 2009

Xa sabemos o que é <<Mirar de esguello>>,

que é a construción que nos propuxo para xogar

a nai de Adriana:

1

loc adv Oblicuamente, de lado. <!––>


2

loc adv Indica que mira a alguén polo ángulo do ollo con disimulo. <!––>

Neva na nosa aula!!.

Publicado por nigran o 14 de Decembro do 2009

As nosas profes, que son moi inxeniosas, conseguiron simular que nevaba na aula de Fadas. Para iso, colleron unha saba grande e a encheron de confeti. De súpeto comezaron a mover a saba de arriba hacia abaixo e, coma por arte de maxia, empezou a caer o confeti por enriba das nosas cabezas.

Parecía coma se estivera nevando!!. Foi moi divertido e pasámolo en grande con esta actividade tan orixinal.

que atletas!!

Publicado por nigran o 14 de Decembro do 2009

Os  Trasnos, e logo as fadas estiveron na sala de

usos múltiples nunha sesión de psicomotricidade.

Un dos obxectivos que se persegue nesta idade, é tratar de que  as crianzas afiancen a súa, aínda reciente, adquisición da marcha, de forma que esta varía facéndose progresivamente máis automática e harmoniosa e, en consecuencia, posibilita a liberación do corpo para outros movementos máis finos e segmentarios.

Terei que agoucharme ?

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 14 de Decembro do 2009

Esta semana escolleu palabra a nai de Adriana,

do Mundo Máxico.

Escolleu unha construción que é a seguinte:

mirar de esguello”

Participade con nós e deixade unha frase

a modo de comentario.

Xa camiñamos sós!!!

Publicado por nigran o 14 de Decembro do 2009

Na aula de Meigas estamos de noraboa, porque Unai e Xabi xa comezaron a camiñar soíños; cústalles aínda un pouquiño pero  estano a facer moi ben.

Unai

Xabi

Noa cumpre un aniño!!.

Publicado por nigran o 11 de Decembro do 2009

Hoxe estivemos de festa na aula dos Dragóns. A máis pequena da clase cumpriu un ano.

Con tal motivo, comemos gusanitos, bebemos zume de piña, cantamos… E, por suposto, axudámoslle a Noa a soprar a candea da súa tarta de aniversario.

Moitos parabéns Noa!!.

Adriana xa non usa cueiro!!.

Publicado por nigran o 11 de Decembro do 2009

Na aula do Mundo Máxico (Unidade da tarde) estamos de noraboa porque Adriana despediuse do cueiro.

Xa é toda unha nena maior porque o está a facer moi ben!!.

ANIVERSARIO AISHA

Publicado por nigran o 10 de Decembro do 2009

Na aula de Meigas estivemos de festa, Aisha cumpriu 1 aniño. Tivemos gusanitos e zume, e sobre todo, moita diversión.

MOITOS PARABÉNS.

Auga quente e agua fría.

Publicado por nigran o 4 de Decembro do 2009

Como estamos a traballar o tema do frío, as nosas profes preparáronnos unha actividade moi divertida.

Encheron dous recipientes con auga, pero un deles tiña auga quente e o outro auga fría. Así, metendo as mans, comprobamos que tocar auga quente dá moito gustiño pero non acontece o mesmo ca fría. Ca auga fría dábannos calafríos por todo o corpo!!.

Iso sí, cos barquiños que tiñamos dentro dos recipientes pasámolo en grande.