Arquivo de Xaneiro do 2010
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Os pequenos da escola tamén estamos a traballar cos produtos da horta; así que, estes días, pintamos unha cenoria xigante.
Pegamos o debuxo da cenoria no chan e pintámolo cas mans. Algún de nós tamén se atreveu a pintalo con todo o corpo e rematamos de cor laranxa por todos sitios.
Pero non nos importou porque pasámolo en grande e quedounos unha cenoria ben fermosa.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Aproveitando que aínda temos o patio un pouco patas arriba, polas obras que houbo, as profes da aula de Fadas tiveron unha idea boísima: deixáronnos saír a xogar co barro!!.

Así que, puxémonos as botas de auga, a nosa roupa de trote…, e a xogar!!.
Foi moi divertido saltar nas fochancas e meter as mans dentro. Ademais, as nosas profes tamén saíron a pisar no barro e pasáronno tan ben coma nós. Xa estamos desexando volver a repetir esta actividade tan chula.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Estes días, a nosa cociñeira Ana estanos a axudar a coñece-las hortalizas. E non vos podedes nin imaxinar a de produtos que dá a horta!!.
Ana foi por tódalas aulas co seu carro cheo de hortalizas. Amosounos unha por unha, díxonos os seus nomes, deixounos tocalas, explicounos as formas que hai de comelas… E claro, algúns non nos resistimos e as probamos.
Había moitísimas: lombarda, apio, porro, cenorias…
Pasámolo moi ben con Ana. Mirade, mirade!!.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
A palabra que escolleron as das Meigas para xogar
co léxico, focha, é
focha s.f. 1. Burato no terreo. A estrada está chea de fochas. SIN. fochanca, foxo.Os rapaces fixeron unha focha para xogar ás bólas. 2. Buratiño que algunhas persoas teñen no queixo ou que se forma nas meixelas ó rir. ¡Que lindas fochiñas ten o meu meniño na súa cariña colorada!

- Unha focha

Dúas fochas

A focha máis famosa do cine
Etiquetas: focha
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 28 de Xaneiro do 2010
Familias:
deixámosvos aquí un enlace para que consultedes
os menús de xantares e merendas
do mes de febreiro:

Etiquetas: comedor, merendas, xantares
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Xaneiro do 2010
Despois duns días de intento, Dani ( aula de Meigas) xa camiña por todo o cole; aínda lle costa un pouco pero o está a facer moi ben. NORABOA!!

Etiquetas: autonomía, camiñando, camiñar só
Publicado en Aniversarios | 5 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Xaneiro do 2010
A palabra desta semana é: focha; e escollérona
as profas das Meigas.
Se sabedes o que é, poñede o significado na
“caixa das palabras” do cole ou
escribide un comentario neste Blog.

Etiquetas: focha
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 22 de Xaneiro do 2010
A palabra que escolleran as profas dos Unicornios
-charada- ten o seguinte significado:

Etiquetas: charada, xogos de pensar
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Xaneiro do 2010
Na aula de Fadas estiveron de festa de aniversario. E esta vez por partida dobre, pois Manuel e Mario cumpriron 2 aniños.
Para festexalo sopraron as candeas da súa torta de aniversario, comeron gusanitos, tiraron confeti polo aire…
Ademais, os seus compañeiros fixéronlle unha postal a cada un para que tiveran un recordo dun día tan divertido.
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Xaneiro do 2010
Na “eira dos avós” viven moitos animaliños que nos veron a visitar o noso cole, eran moi blandiños e os había pequenos e moi grandes, gordiños e tamén moi suaves.
Aprendimos os diferentes sons que fan a vaca, cabalo, porco, ovella, galiña, galo, poliños, can, gato…..







Etiquetas: granxa
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »