Arquivo do 29 de Xaneiro do 2010
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Os pequenos da escola tamén estamos a traballar cos produtos da horta; así que, estes días, pintamos unha cenoria xigante.
Pegamos o debuxo da cenoria no chan e pintámolo cas mans. Algún de nós tamén se atreveu a pintalo con todo o corpo e rematamos de cor laranxa por todos sitios.
Pero non nos importou porque pasámolo en grande e quedounos unha cenoria ben fermosa.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Aproveitando que aínda temos o patio un pouco patas arriba, polas obras que houbo, as profes da aula de Fadas tiveron unha idea boísima: deixáronnos saír a xogar co barro!!.

Así que, puxémonos as botas de auga, a nosa roupa de trote…, e a xogar!!.
Foi moi divertido saltar nas fochancas e meter as mans dentro. Ademais, as nosas profes tamén saíron a pisar no barro e pasáronno tan ben coma nós. Xa estamos desexando volver a repetir esta actividade tan chula.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
Estes días, a nosa cociñeira Ana estanos a axudar a coñece-las hortalizas. E non vos podedes nin imaxinar a de produtos que dá a horta!!.
Ana foi por tódalas aulas co seu carro cheo de hortalizas. Amosounos unha por unha, díxonos os seus nomes, deixounos tocalas, explicounos as formas que hai de comelas… E claro, algúns non nos resistimos e as probamos.
Había moitísimas: lombarda, apio, porro, cenorias…
Pasámolo moi ben con Ana. Mirade, mirade!!.
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2010
A palabra que escolleron as das Meigas para xogar
co léxico, focha, é
focha s.f. 1. Burato no terreo. A estrada está chea de fochas. SIN. fochanca, foxo.Os rapaces fixeron unha focha para xogar ás bólas. 2. Buratiño que algunhas persoas teñen no queixo ou que se forma nas meixelas ó rir. ¡Que lindas fochiñas ten o meu meniño na súa cariña colorada!

- Unha focha

Dúas fochas

A focha máis famosa do cine
Etiquetas: focha
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »