Arquivo de Febreiro do 2010
Publicado por nigran o 26 de Febreiro do 2010
Hoxe na aula do Mundo Máxico estivemos de festa porque o noso compañeiro Iago cumpriu 3 aniños.
Así que, entre todos, decorámoslle unha postal moi fermosa para que tivera de recordo dun día tan especial. Quedounos chulísima!!.

Logo, axudámoslle a soprar as candeas da súa tarta. Eran moitas candeas pero nós sopramos fortísimo e poidemos apagalas todiñas.

Pasámolo en grande cantándolle e felicitándoo. Tódolos teus compañeiros da tarde desexámosche moitos parabéns Iago!!.

Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2010

Estes días andamos a aprender a “recoller a mesa”.

Ao primeiro era un pouco complicado saber
se facía falta o garfo ou a culler, e onde se recollía
a louza suxa ou onde gardabamos os babeiros;




pero, pouco a pouco, estamos aprendendo e
cada vez nos equivocamos menos.


Isto de comer de autoservicio é fenomenal.
Tan pronto acabamos un prato, xa podemos ir a buscar o seguinte.


E xa non vos conto que contentos imos buscar a sobremesa.

Etiquetas: autonomía, xantar
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2010
Como estamos tratando un tema moi culinario, o pasado martes e mércores fixemos un obradoiro de xelatina.
O primeiro día xúntamonos todos no salón para que as nosas profes nos explicaran qué iamos a facer. Estaban moi guapas porque cada unha delas levaba un gorro cunha froita: había un gorro cunha fresa, outro cun kiwi, outro deles levaba un limón e outro unha laranxa. Cos seus respectivos gorros amosáronnos uns pós cos que logo fariamos xelatina.

E sabedes qué?. As nosas profes saben facer maxia!!. Botáronlle un pouquiño de auga ós pós, dixeron as súas palabras máxicas e éstes puxéronse de cor!!.

Logo tocoulle a hora os nen@s, que manipularon os pós e coa axuda das súas educadoras fixeron a mezcla coa auga, despois de repousar toda a tarde e a noite o día seguinte a manipulamos, probamos, cortamos,….sabían a laranxa, kiwi, fresa, piña, frambuesa, limón…; cantas cousas se poden facer coa xelatina de cores. Había unha que non tiña cor con sorpresa, tiña xoguetes dentro.







Etiquetas: xelatina
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2010
Etiquetas: cociña
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2010

Na aula das Fadas teñen unha gran cesta con produtos de hixiene e, na hora do cambio, manipulan os obxectos.
Neste momento de hixiene, asociado ao xogo simbólico (peitéanse, barbeánse, dúchanse…) as crianzas aprecian o importante e placenteira que é a hixiene.
Etiquetas: Engadir nova etiqueta, hixiene, XOGO SIMBÓLICO
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 23 de Febreiro do 2010
Os Unicornios (os maiores da escola) xa non levan cueiro. Noraboa a todos e sobre todo aos últimos que conseguiron este paso na autonomía coa axuda das súas profas e familia.

Etiquetas: cueiro
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 22 de Febreiro do 2010
Esta semana escolleron palabra as PSX’s.
A palabra escollida é : parva.

Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 22 de Febreiro do 2010
Etiquetas: enterro da sardiña
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2010
Na aula de Fadas estamos de noraboa porque dous dos seus nenos xa non usan cueiro.
Moitos parabéns a Anxo e a Hernán polo ben que o están a facer!!.

Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2010
O martes 16 tivo lugar na nosa escola a festa de entroido coas familias onde os nen@s levaron os disfraces feitos nos anteriores días. No bosque máxico atopámonos con gatiños negros coidados polas Meigas, Dragóns, Fadas, Trasnos e Unicornios. Todos estes seres imaxinarios fixeron a apócema máxica para dar comezo o entroido.
Para iso, o persoal da Escola Infantil de Nigrán escribimos unha pequeniña obra de teatro para pór en escena o noso entroido particular:
O ENTROIDO NO BOSQUE MÁXICO
ESCENA:
O público ao fondo da sala.

No escenario unha pota enriba dunhas achas de leña sen prender.
PRESENTADORA, narra:
Érase unha vez un bosque encantado, cheo de seres máxicos, onde as Meigas coidaban dos seus gatiños negros.
GATIÑOS NEGROS: miañan, e vanse sentando arredor da pota máxica.

PRESENTADORA: segue coa narración:
As Meigas querían facer unha apócema máxica para conxurar o comezo do entroido e non tiñan lume para facer ferver a pota ( pausa). Así que chamaron polos Drágóns que habitaban na cova máis profunda do bosque (sinalando ao lonxe).
DRAGÓNS: entran na sala e sentan. As profas e algúns deles poñen o lume baixo a pota.

PRESENTADORA: narra
As fadas, como son as madriñas de todos os seres que habitan o bosque, quixeron o seu toque máxico á apócema, botando os seus pos máxicos que, como todos ben sabedes, dan felicidade, harmonía, e un chisquiño de picardía (chiscando o ollo ou co xesto de ¡ollo!) para prepararnos para a troula.
FADAS: entran en escea axitando a variña máxica e sentan. As profas e algún deles botan os polvos máxicos na pota.

PRESENTADORA: narra
E falando de troula, aquí chegan os trasnos, co seu espíritu bulrón. Xa sabedes que non hai festa rachada, nin entroido divertido sen as herbas máxicas da troula e da festa, que recolectan estes Trasnos polo bosque e que nos traen para botar á pota.
TRASNOS: entran en escea e sentan. Algún deles e as profas bótanlle á pota as herbas máxicas.

PRESENTADORA: Segue a narrar
Dende os confíns do bosque máxico, chegan galopando os Unicornios, que serán os encargados de espallar esta apócema a todos os que, o día do entroido, habitan neste bosque.

PRESENTADORA:
Agora si que estamos preparados para vivir o entroido!!. Viva o entroido!!.

Despois da nosa actuación, demos un paseo polos arredores da nosa escola acompañados polas familias. Durante o percorrido cantamos unha morea de cancións antes de volver á escola. Pasámolo en grande!!.












Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »