Arquivo do 4 de Febreiro do 2010

Este Meco …só fai mandaaaarr !!

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Estes días chegou á escola o MECO.

Pensabamos que viña de visita e chegou para quedar

até o día 12. Só fai dar ordes:

que se temos que vir con gravata,

que cun zapato distinto en cada pé,

Só fai mandar!!! pero… que ben o pasamos.

 

 

Atentos!!!! Mañá tod@s con camiseta de raias….. non vós olvidedes. E o luns cun sombreiro……e o martes…….xa nos dirá o noso Meco.

Día da Paz.

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Con motivo de festexar o Día da Paz, estivemos durante os días previos a traballar moitísimo nas nosas aulas para facer uns fermosos murais para adornar o noso salón.

Así, o noso salón xa estaba preparado para acoller a gran festa. Só nos quedaba vestirnos todos de branco e estar dispostos a pasalo ben.

A festa comenzou cun fermoso conto chamado “Bicos, bicos”. Con el as mestras explicáronnos, axudadas polo protagonista da historia, as diferentes clases de bicos que hai. Hainos dulces coma o algodón de azucre, húmidos coma os que dan os cans, ásperos coma a barba de papá… Hai moitísimos distintos!!.

Os bicos de chocolate estaban tan ricos que escapábanse as mans!!.

Logo bailamos todos xuntos e, por suposto, bicámonos e démonos un montón de apertas. Pasámolo en grande nesta festa!!.

Rodolfo “o peludo”

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Hai uns días, as fadas fixeron un verme

con terra na barriga.

Puxérenlle unhas sementes e

bautizaron,

regaron,

sollaron,

e observaron como se ía poñendo peludiño