Arquivo do 8 de Febreiro do 2010

Que ordena o meco??

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

Estes días o Meco non para de dar ordes.

Xa nos puxo a todos con gravata, cun zapato de cada,

con camiseta a raias, con chapeu e,

agora, quere que veñamos en zapatillas da casa.

Entroido no bosque máxico

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

Coa chegada do entroido, nas aulas de traballo do bosque, comezamos a xogar a disfrazarnos.Tamén nos maquillamos e nos puxemos diferentes perrucas.

Diante do espello intentamos identificarnos, algúns nen@s se recoñecían e outros non, tamén se miraban guapísimos, anque maquillados había quen se asustaba.

Estamos a pasalo moi ben e isto non acaba máis que comezar.

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

A palabra desta semana é:

XOLDA

Escolleuna a nai de Adriana, do Mundo Máxico.

Gracias Ana Belén por regalarnos tantas palabras.