Arquivo do 12 de Febreiro do 2010

Sempre obedecemos ó Meco!!.

Publicado por nigran o 12 de Febreiro do 2010

Para rematar a semana o noso Meco mandounos unha morea de cousas.

O mércores tivemos que traer na cabeza un diadema, un lazo ou algo similar. Algún ata traía bolboretas ou arañas enriba!!. Mirade o peinadiños que estabamos…

O xoves mandounos a todos vir cun apósito na frente. E nós, como somos moi bos, fixémoslle caso. A qué estabamos moi guapos?. Ademais, había apósitos moi simpáticos con debuxos e todo!!.

E hoxe díxonos que tiñamos que vir cun reloxo pintado no pulso. E, por suposto, tiñamos cada un de nós o noso reloxo. Botade unha olladiña.

O meco di…

Publicado por nigran o 12 de Febreiro do 2010

Familias: o Meco deixou dito, no encerado da entrada,

que o luns tiñamos que vir disfrazados

do que quixeramos.

Algunha de nós vai cantar unha “ranchera”,

outr@s van facer conxuros e apócemas

e outr@s serán quen bailar samba .

Menuda mestizaxe!!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 12 de Febreiro do 2010

A palabra desta semana, xolda, que escolleu

a nai de Adriana, é:

xolda Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< fr antigo jaude
s f Troula desmedida e ruidosa.

SIN: algueirada, esmorga, foliada, pándega, rexouba, troula.