Arquivo do 16 de Febreiro do 2010

O Meco di…

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2010

O Meco di que mañá temos que vir todos de loito.

El di que imos enterrar a sardiña.

Non será que enterramos ao Meco??

Traede unha flor para dornar o cadaleito!!

ENTERRO DO ANO PASADO

ENTERRO DO ANO PASADO

Festa de disfraces disparatados

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2010

O luns 15, tivemos que vir á escola co disfraz máis disparatado que tiñamos na casa; e alí poidemos atopar: indios, moras, xohaniñas, sevillanas, arlequíns,pintores, gatos, chineses, patos,pallasos, mexicanos, princesas, dinosauros, ….. todos eles fixeron que o bosque máxico de Nigrán se fixera máis máxico aínda.

OBRADOIRO DISFRACES CAS FAMILIAS

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2010

O martes 16, imos festexar a festa do entroido coas familias, para o que lle pedimos a súa colaboración para a elaboración dos disfraces. Dende aqui queremos agradecer a axuda que nos brindaron.