O martes 16 tivo lugar na nosa escola a festa de entroido coas familias onde os nen@s levaron os disfraces feitos nos anteriores días. No bosque máxico atopámonos con gatiños negros coidados polas Meigas, Dragóns, Fadas, Trasnos e Unicornios. Todos estes seres imaxinarios fixeron a apócema máxica para dar comezo o entroido.
Para iso, o persoal da Escola Infantil de Nigrán escribimos unha pequeniña obra de teatro para pór en escena o noso entroido particular:
O ENTROIDO NO BOSQUE MÁXICO
ESCENA:
O público ao fondo da sala.

No escenario unha pota enriba dunhas achas de leña sen prender.
PRESENTADORA, narra:
Érase unha vez un bosque encantado, cheo de seres máxicos, onde as Meigas coidaban dos seus gatiños negros.
GATIÑOS NEGROS: miañan, e vanse sentando arredor da pota máxica.

PRESENTADORA: segue coa narración:
As Meigas querían facer unha apócema máxica para conxurar o comezo do entroido e non tiñan lume para facer ferver a pota ( pausa). Así que chamaron polos Drágóns que habitaban na cova máis profunda do bosque (sinalando ao lonxe).
DRAGÓNS: entran na sala e sentan. As profas e algúns deles poñen o lume baixo a pota.

PRESENTADORA: narra
As fadas, como son as madriñas de todos os seres que habitan o bosque, quixeron o seu toque máxico á apócema, botando os seus pos máxicos que, como todos ben sabedes, dan felicidade, harmonía, e un chisquiño de picardía (chiscando o ollo ou co xesto de ¡ollo!) para prepararnos para a troula.
FADAS: entran en escea axitando a variña máxica e sentan. As profas e algún deles botan os polvos máxicos na pota.

PRESENTADORA: narra
E falando de troula, aquí chegan os trasnos, co seu espíritu bulrón. Xa sabedes que non hai festa rachada, nin entroido divertido sen as herbas máxicas da troula e da festa, que recolectan estes Trasnos polo bosque e que nos traen para botar á pota.
TRASNOS: entran en escea e sentan. Algún deles e as profas bótanlle á pota as herbas máxicas.

PRESENTADORA: Segue a narrar
Dende os confíns do bosque máxico, chegan galopando os Unicornios, que serán os encargados de espallar esta apócema a todos os que, o día do entroido, habitan neste bosque.

PRESENTADORA:
Agora si que estamos preparados para vivir o entroido!!. Viva o entroido!!.

Despois da nosa actuación, demos un paseo polos arredores da nosa escola acompañados polas familias. Durante o percorrido cantamos unha morea de cancións antes de volver á escola. Pasámolo en grande!!.












Esta entrada foi publicada
o Xoves, 18 Febreiro do 2010 ás 20:31 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
18 de Febreiro de 2010 ás 21:57
MOITAS GRAZAS A TODALAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NESTE DÍA.
18 de Febreiro de 2010 ás 23:13
Neste entroido pasámolo de medo!!.
19 de Febreiro de 2010 ás 18:22
Grazas a todas as familias por colaborar e participar na festa de entroido. Pasámolo moi ben!!!!!!
20 de Febreiro de 2010 ás 16:06
Moitas grazas a tod@s as mamás, papás, avós, tios….por vir a festexar con nos o entroido!!pasámolo en grande!!