Arquivo do 24 de Febreiro do 2010

Somos cociñeiros!!

Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2010

Pasado o Entroido, comezamos cun novo tema: “somos cociñeiros”!!; nos primeros días de tema non podía faltar a visita á cociña da escola. Dividímonos por aulas e alí fomos, a que Ana nos ensinara todo o que alí se pode atopar: forno, neveira, plancha, microondas, potas… O máis divertido que nos atopamos foi o funil, pola súa cor verde e poloxogo que daba.

A CESTA DA HIXIENE

Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2010

Na aula das Fadas teñen unha gran cesta con produtos de hixiene e, na hora do cambio, manipulan os obxectos.

Neste momento de hixiene, asociado ao xogo simbólico (peitéanse, barbeánse, dúchanse…) as crianzas aprecian o importante e placenteira que é a hixiene.