Arquivo de Febreiro do 2010

Aniversario Hernán

Publicado por nigran o 10 de Febreiro do 2010

Menuda festa tivemos na aula de Fadas o pasado venres!!!

Hernán cumpriu dous aniños.

Tivemos merendola, baile e Hernán soprou as dúas candeas.

Regalámoslle unha postal chulísima e nos demos moitas apertas.

Xoel xa ten 3 anos!!

Publicado por nigran o 9 de Febreiro do 2010

O pasado venres houbo festa rachada na aula dos Unicornios: Xoel cumpriu 3 aniños!!.

E para festexalo, entre todos, axudamos ó noso compañeiro a soprar as candeas da súa tarta. Sopramos tan forte que conseguimos apagalas todas de golpe!!.

Tamén bebemos zume y comemos gusanitos. E, como vos podedes imaxinar, estaba todo boísimo.

Entre todos desexámoslle moitísimos parabéns a Xoel!!.

O Meco manda…

Publicado por nigran o 9 de Febreiro do 2010

O Meco mandou, para mañá mércores, vir

cun diadema posto na cabeza.

Hoxe tiñamos orde de vir en zapatillas, … e viñemos

Que ordena o meco??

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

Estes días o Meco non para de dar ordes.

Xa nos puxo a todos con gravata, cun zapato de cada,

con camiseta a raias, con chapeu e,

agora, quere que veñamos en zapatillas da casa.

Entroido no bosque máxico

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

Coa chegada do entroido, nas aulas de traballo do bosque, comezamos a xogar a disfrazarnos.Tamén nos maquillamos e nos puxemos diferentes perrucas.

Diante do espello intentamos identificarnos, algúns nen@s se recoñecían e outros non, tamén se miraban guapísimos, anque maquillados había quen se asustaba.

Estamos a pasalo moi ben e isto non acaba máis que comezar.

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

A palabra desta semana é:

XOLDA

Escolleuna a nai de Adriana, do Mundo Máxico.

Gracias Ana Belén por regalarnos tantas palabras.

Aniversarios Fadas

Publicado por nigran o 5 de Febreiro do 2010

Na aula de Fadas estivemos de festa o venres pasado. Festexamos o aniversario de LIDIA e ANXO, que cumpriron 2 anos. Pasámolo en grande bailando  e xogando con confetti, e ademais os anfitrións sopraron as dúas candeas á primeira.

MOITOS PARABÉNS!!!!!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 5 de Febreiro do 2010

A palabra coa que xogamos esta semana,

carauta e que a escolleran as profas

dos Dragóns, é:

carauta Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< cara
port:caraça, máscara     cast: careta, carátula, máscara     ingl: mask     alem: Maske
s f Obxecto, xeralmente con forma de rostro, que se coloca na cara para tapala e non ser recoñecido.

SIN: caranta, carantoña, careta, caroza, máscara.
CFR: anteface.

Este Meco …só fai mandaaaarr !!

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Estes días chegou á escola o MECO.

Pensabamos que viña de visita e chegou para quedar

até o día 12. Só fai dar ordes:

que se temos que vir con gravata,

que cun zapato distinto en cada pé,

Só fai mandar!!! pero… que ben o pasamos.

 

 

Atentos!!!! Mañá tod@s con camiseta de raias….. non vós olvidedes. E o luns cun sombreiro……e o martes…….xa nos dirá o noso Meco.

Día da Paz.

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Con motivo de festexar o Día da Paz, estivemos durante os días previos a traballar moitísimo nas nosas aulas para facer uns fermosos murais para adornar o noso salón.

Así, o noso salón xa estaba preparado para acoller a gran festa. Só nos quedaba vestirnos todos de branco e estar dispostos a pasalo ben.

A festa comenzou cun fermoso conto chamado “Bicos, bicos”. Con el as mestras explicáronnos, axudadas polo protagonista da historia, as diferentes clases de bicos que hai. Hainos dulces coma o algodón de azucre, húmidos coma os que dan os cans, ásperos coma a barba de papá… Hai moitísimos distintos!!.

Os bicos de chocolate estaban tan ricos que escapábanse as mans!!.

Logo bailamos todos xuntos e, por suposto, bicámonos e démonos un montón de apertas. Pasámolo en grande nesta festa!!.