Arquivo de Marzo do 2010
Publicado por nigran o 31 de Marzo do 2010
Aniversario Saúl
Publicado por nigran o 31 de Marzo do 2010
Xa non usamos chupeta
Publicado por nigran o 30 de Marzo do 2010
Na aula dos Unicornios xa somos moi maiores. Un día de sorpresa visitáronnos Trancas e Barrancas e leváronnos todas as chupetas; dixéronnos que dentro de pouco imos a ir ao cole dos maiores e xa no podemos levar a chupeta, coma os bebés na sesta, e levaron todiños. Agora durmimos sen ela todos contentos e sen chorar.
Aniversario de Gabriela.
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Este pasado venres tivemos unha gran festa de aniversario na aula dos Trasnos, pois Gabriela cumpriu 3 aniños.
Así que para festexalo por todo o alto; entre todos fixémoslle unha postal. Pintámola con moitas cores distintas para que fora máis bonita aínda e quedounos ben fermosa.
Nunha gran festa de aniversario non podía faltar a torta cas súas candeas. Eran 3 candeas e, soprando moi forte, conseguimos apagalas dunha soa vez!!.
Pasámolo en grande cantando e bailando. Moitos parabéns Gabriela!!.
Arco da vella.
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Que contenta vaise pór a Fada cando vexa o arco da vella tan bonito que puxemos no salón. Comezamos co vermello, onde pegamos cousiñas que nos trouxeron as familias.
Logo, tocounos axudar á Fada a recuperar a cor azul. Así que, nas aulas, fixemos un anaco de arco da vella pintando cas nosas mans en azul.
Despois tocoulle a quenda ó amarelo, onde pegamos anacos de papel de seda desta cor.
E, por último, foi o día do verde. Nese día fixemos o anaquiño de arco da vella con gomets desa cor. Ós máis pequenos da escola deunos un pouco máis de traballo, pero con algo de axuda tamén poidemos botarlle unha man á Fada.
Mirade o bonito que nos quedou o arco da vella!!.
A caixa máxica do verde.
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Seguimos coas cores da Fada, só nos falta axudarlle co verde para que a visitarnos con tódalas súas cores e festexemos con ela a primavera. Como acudimos todos á escola, o venres 26, vestidos desta cor, a fada mandounos un agasallo como nestes últimos días coas outras cores pero esta vez eran cousas máxicas de cor verde.
XOGANDO CO LÉXICO
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
A palabra desta semana, ÑÁÑARAS,
que escolleron Lidia e Tania, as das Fadas,
xa está colgada do taboleiro esperando respostas.
Aí vai unha pista:
s f pl A - - go, alo - m - ño ou br - ma c o n que se pers - gu - gañar a v - nt - de de alguén.
|
|
|
O mel das abellas
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
A caixa máxica do amarelo.
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Despois de axudar a nosa amiga a Fada das Cores ca cor vermella e ca cor azul, este mércores tivemos que botarlle unha man para recuperar a cor amarela. Así que, vestímonos todos con algo desa cor: había quen traía camisetas amarelas, outros tiñan postos pantalóns desa cor, diademas do pelo e ata había gorras amarelas.
Como estabamos todos tan amareliños e o fixemos tan ben, a Fada das Cores volveu a deixarnos unha sorpresa nas aulas: esta vez era a caixa máxica do amarelo!!.
XOGANDO CO LÉXICO
Publicado por nigran o 28 de Marzo do 2010
A palabra que escolleran as profas dos Dragón é:
retrouso< retrousar
portugués:bordão, estribilho castelán: estribillo
1
s m Palabra ou expresión que se repite viciosa e frecuentemente ao falar.
2
s m Réplica contra algunha resposta, comentario ou pregunta que utiliza elementos presentes nas mesmas.
3
s m Verso que se repite no final de cada estrofa dunha composición.
oliñas veñen,
oliñas veñen e van…
















































































